Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Ruta de Baldomir. O Courel

  • Esta actividade xa finalizou.
Data: 11 Novembro
Categoría:

Ruta de sendeirismo pola zona de Baldomir.…


Data límite para anotarse
Mércores 8 de novembro
Lugar xeral
O Courel
Pernocta
Medios de transporte
Medios propios (vehículo particular)

 

Apúntate en [email protected] ou no local do club.

Ruta de sendeirismo pola zona de Baldomir, visitando o Castro da Torre, que data do século III-IV despois de Cristo.

Saída
A hora de quedada son ás 10:00 da mañá o sábado 11 en Baldomir (poboación entre Vilamor e Folgoso), para os que saian de Ourense o lugar de quedada será ás 08:30 nas escaleiras do edificio politécnico do Campus. Como hai pouco sitio para aparcar en Baldomir, pregamos ós participantes que asistan ao punto de quedada para optimizar ao máximo o transporte.

Material recomendado
Roupa e calzado cómodo, comida, bebida, manta térmica e frontal.

Baldomir – Sobredo

Baldomir – Sobredo – Baldomir

  • horario6
  • desnivel de subida350 m
  • desnivel de baixada350 m
  • distancia horizontal18 km
  • tipo de percorridoIda e Volta
  • severidade do medio natural2
  • orientacion no itinerario2
  • dificultade no desprazamento2
  • cantidade de esforzo necesario2

Condicións en Tres estacións, tempos estimados segundo criterio MIDE, sen paradas.

Calculado sobre datos de 2016.

A ruta comeza e remata en Baldomir. Subiremos polo Val do Río Lor ata a aldea de Sobredo. Preto desta poboación está o Castro da Torre, que visitaremos, sendo este o punto mais elevado da ruta. Dendederemos de novo ata o Lor para cambiar de ladeira e voltar a Baldomir.

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón