Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

XX Semana Audiovisual da Montaña de Ourense

  • Esta actividade xa finalizou.
Comeza: 27 Novembro
Finaliza: 30 Novembro
Categoría:

Do 27 ao 30 de novembro celébrase a XX Semana Audiovisual da montaña de Ourense, organizada polo Club Alpino Ourensán, contando de novo co importante patrocinio da “Fundación Florencio Álvarez e María Teresa Esteban”, e a colaboración da Vicerreitoría do Campus de Ourense, grazas os cales un ano mais teremos a posibilidade de gozar de…


Cartel Semana Audiovisual de la montaña de Ourense

Cartaz Semana Audiovisual da montaña de Ourense

Do 27 ao 30 de novembro celébrase a XX Semana Audiovisual da montaña de Ourense, organizada polo Club Alpino Ourensán, contando de novo co importante patrocinio da “Fundación Florencio Álvarez e María Teresa Esteban”, e a colaboración da Vicerreitoría do Campus de Ourense, grazas os cales un ano mais teremos a posibilidade de gozar de emocionantes aventuras contadas polos seus protagonistas.

Aquí poderás ver o programa completo (ligazón)

 

Toda a información da Semana Audiovisual en semana.clubalpinoourensan.es

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón