Hosting por dinahosting.
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Semana Branca

  • Esta actividade xa finalizou.
Comeza: 18 Febreiro
Finaliza: 24 Febreiro
Categoría:

Entre o 18 e o 24 de febreiro de 2018 propoñemos unha semana de esquí na Estación de esquí de Cerler (Pirineo Aragonés).

DATAS
Aloxamento 6 noites dende o domingo 18 ao sábado 24 de febreiro. Forfait 5 días entre o luns 19 e o venres 23.

ALOXAMENTO
Pernoctas en Bungalows ou apartamentos ainda por determinar pero sen réxime de media pensión

PREZO
Aloxamento 6 noites + forfait 5 días

  • Aloxamento + forfait: Entre 250 e 300 €
  • Aluguer 5 días: + 45,50 €
  • Clases (tres horas diarias e cinco días):  + 110 €
  • Asistencia sanitaria 5 días: + 15 €

Outras opcións serán responsabilidade de cada participante.

O aluguer inclue esquís, botas e bastóns.

Ás prazas son limitadas.

Inscripcións ata o 17 de xaneiro. Apúntate en [email protected], ao inscribirse será preciso facer un ingreso de 125 € para realizar a reserva que serán descontados posteriormente.

 

 

 

 

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Se continuas navegando, consideramos que aceptas o seu uso. Podes obter mais información nesta ligazón