Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Semana branca 2022 – Grandvalira (Andorra)

  • Esta actividade xa finalizou.
Comeza: 13 Febreiro
Finaliza: 19 Febreiro
Categoría:

Semana branca 2022 – Grandvalira (Andorra) DATAS: 13 – 19 de febreiro de 2022 ALOXAMENTO:  Pernoctas en Apartamentos ainda por determinar pero sen réxime de media pensión. Contan con cociña, salón e camas ou liteiras. Prezo: Prezo final de aloxamento entre o 13 e 19 de febreiro + forfait de luns a venres variable en…

  • O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
  • Ata o Xoves 01 de Xaneiro podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura

Semana branca 2022 – Grandvalira (Andorra)

DATAS:

13 – 19 de febreiro de 2022

ALOXAMENTO: 

Pernoctas en Apartamentos ainda por determinar pero sen réxime de media pensión. Contan con cociña, salón e camas ou liteiras.

Prezo:

Prezo final de aloxamento entre o 13 e 19 de febreiro + forfait de luns a venres variable en función do número de participantes. Entre 300 e 400 euros.

Aluger de esquís:

5 Días Esquís + Botas + Bastóns (Bronce) 52€/ pers.
5 Días Esquís + Botas + Bastóns (Categoría Prata) 74€/ pers.
5 Días Esquís + Botas + Bastóns (Categoría Ouro) 94€/ pers.
  • Que é a categoría Bronce?
    Materia ideal para principiantes! Este é un material de esquí sinxelo que satisface as necesidades de calquera principiante. Dado que se utilizou noutras ocasións, pode presentar arañazos visibles que non afecten o seu estado. Esta é a categoría ideal para gozar da neve e iniciarse nesta disciplina.
  • Que é a categoría Prata?
    É un material versátil que destaca polas súas condicións técnicas, xa que é algo máis novo e presenta máis características que a categoría de bronce. Pode ter algunhas marcas de uso e son perfectos para aqueles esquiadores que queiran mellorar a súa técnica e gozar de esquiar con seguridade e comodidade a un prezo medio 🙂
  • Que é a categoría Ouro?
    A opción perfecta se buscas a mellor calidade! Material de esquí en moi bo estado que ofrece un maior control e confianza na neve, xa que adoitan ser máis novos e con máis prestacións. Se es un esquiador experto, notarás a diferenza. Ideal para calquera tipo de esquiador que queira mellorar as súas habilidades esquiando polas pistas máis desafiantes.

Clases:

  • Clases grupais en GV – 4 días (12h en total) – Adulto/Júnior (luns a xoves) 160€/ pers.
  • Clases grupais en GV – 5 días (15h en total) – Adultos (de luns a venres) 160 €/ pers.
  • Clases grupais en GV – 3 días (9h en total) – Adulto/Júnior (de luns a mércores) 141 €/ pers.

ASISTENCIA SANITARIA

A actividade da semana branca 2022 está proposta para Andorra, pais que ainda que pertence a Europa non forma parte da Unión Europea, polo que a tarxeta sanitaria europea non é válida.

Existe un convenio da Seguridade Social entre España e Andorra, dispoñible solicitando un volante de viaxe a Andorra ao INSS. Pero coidado, este acordo non garante asistencia gratuíta. O viaxeiro deberá asumir unha parte da factura, que adoita estar entre o 10 e o 25% en caso de urxencia e o 100% no resto dos casos, importe non reembolsable.

Os afiliados ao réxime xeral da Seguridade Social deben de ir ao INSS e solicitar a cobertura en Andorra.

Os afiliados a MUFACE, MUJEJU e ISFAS a priori non teñen que facer nada, e no caso de ter que recibir asisitencia sanitaria deberán presentar ás facturas a súa mutua para que esta proceda ao pago.

En relación á asistencia sanitaria do forfait, esta cubre o rescate en pistas, asistencia sanitaria na estación e traslado ao hospital no seu caso. Non cubre a asistencia sanitaria no hospital .

Inscripcións ata o 24 de xaneiro- Apúntate no fomulario,ao inscribirse será preciso facer un ingreso de 100 € para realizar a reserva que serán descontados posteriormente. Podes enviar este xustificante mediante o formulario

IBAN: ES06 0019 0448 4840 1002 8285 (Deutsche Bank).

REQUISITOS PARA PARTICIPAR:

Ser socio/socia do clube e estar en posesión de licencia federativa vixente para esta actividade

Adxuntar na inscrición cuberto e firmado o seguinte formulario COVID:

FORMULARIO_____DECLARACIÓN_RESPONSABLE_FGM_ORGANIZACIÓN-DEPORTISTAS (1)

TRANSPORTE: 

Coches  particulares

Prazas limitadas

A inscrición non será válida se no momento de facela non se cumpren os requisitos de soci@ e federad@

*AVISO IMORTANTE:Pola situación actual na que nos atopamos, as actividades poderán ser modificadas ou canceladas dun día para outro.

O número de participantes poderá verse modificado por cambios na normativa Covid da zona onde se vaia a realizar a actividade, nese caso, respectarase en todo monento a orde de inscrición.
Agradecemos a vosa comprensión

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón