Entre o 10 e o 16 de febreiro de 2019 propoñemos unha semana de esquí na Estación de esquí de Cerler (Pirineo Aragonés). DATAS Aloxamento 6 noites dende o domingo 10 ao sábado 16 de febreiro. Forfait 5 días entre o luns 17 e o venres 15. ALOXAMENTO Pernoctas en Bungalows ou apartamentos ainda por…
Entre o 10 e o 16 de febreiro de 2019 propoñemos unha semana de esquí na Estación de esquí de Cerler (Pirineo Aragonés).
DATAS
Aloxamento 6 noites dende o domingo 10 ao sábado 16 de febreiro. Forfait 5 días entre o luns 17 e o venres 15.
ALOXAMENTO
Pernoctas en Bungalows ou apartamentos ainda por determinar pero sen réxime de media pensión. Contan con cociña e dous dormitorios, un con cama de matrimonio e outro con dúas camas de 90.
PREZO
Aloxamento 6 noites + forfait 5 días
- Aloxamento + forfait: Aproximadamente uns 290€ (variará en función dos participantes)
- Aluguer 5 días: + 55 €
- Clases, todos os niveis (tres horas diarias e cinco días): + 108 €
- Asistencia sanitaria 5 días: + 15 €
En relación á asistencia sanitaria, esta cubre o rescate en pistas, asistencia sanitaria na estación e traslado ao hospital no seu caso. O seguro da federación cubre a asistencia sanitaria no hospital pero non o rescate en pistas polo que en principio sería recomendable contar cos dous seguros.
Outras opcións serán responsabilidade de cada participante.
O aluguer inclue esquís, botas e bastóns.
Ás prazas son limitadas.
Inscripcións ata o 2 de xaneiro. Apúntate en [email protected], ao inscribirse será preciso facer un ingreso de 100 € para realizar a reserva que serán descontados posteriormente.