Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Semana Branca en Formigal

  • Esta actividade xa finalizou.
Comeza: 9 Febreiro
Finaliza: 15 Febreiro
Categoría:

Entre o 9 e o 15 de febreiro de 2019 propoñemos unha semana de esquí na Estación de esquí de Formigal (Pirineo Aragonés).…

  • O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
  • Ata o Luns 23 de Decembro podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura

 

DATAS
Aloxamento 6 noites dende o domingo 9 ao sábado 15 de febreiro. Forfait 5 días entre o luns 10 e o venres 14.

ALOXAMENTO
Pernoctas en Apartamentos ainda por determinar pero sen réxime de media pensión. Contan con cociña, salón e camas ou liteiras.

PREZO
Aloxamento 6 noites + forfait 5 días

  • Aloxamento + forfait: Aproximadamente uns 290€ (variará en función dos participantes)
  • Aluguer 5 días: + 53,50 €
  • Clases, todos os niveis (tres horas diarias e cinco días):  + 160 €
  • Asistencia sanitaria 5 días: + 15 €

En relación á asistencia sanitaria, esta cubre o rescate en pistas, asistencia sanitaria na estación e traslado ao hospital no seu caso. O seguro da federación cubre a asistencia sanitaria no hospital pero non o rescate en pistas polo que en principio sería recomendable contar cos dous seguros.

Outras opcións serán responsabilidade de cada participante.

O aluguer inclue esquís, botas e bastóns.

Ás prazas son limitadas.

Inscripcións ata o 31 de decembro. Apúntate no fomulario,ao inscribirse será preciso facer un ingreso de 100 € para realizar a reserva que serán descontados posteriormente. Podes enviar este xustificante mediante o formulario ou a [email protected]

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón