Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Sendeirismo por Allariz

  • Esta actividade xa finalizou.
Data: 29 Setembro
Categoría:

Roteiro circular que ten como principal obxectivo a visita ao incomparable conxunto de Santa Mariña de Augas Santas, sen desprezar moitas outras cousas que atoparemos polo camiño.…


Roteiro circular que ten como principal obxectivo a visita ao incomparable conxunto de Santa Mariña de Augas Santas, sen desprezar moitas outras cousas que atoparemos polo camiño.

Ao rematar haberá posibilidade de piscina e praia fluvial.

Inscripción

Data límite para a inscripción:

  • Martes 25 de setembro mediante o correo [email protected]
  • Mércores 26 de setembro no local do club ou por teléfono en horario de apertura

Importante: Se te inscribes por correo solicitase informar de se estás disposto/a a levar vehículo propio, prazas e cidade de saída, así como se se precisa material e que noites precisas aloxamento.

Información útil

Comezo(lugar, hora…):  Ás 09:30 en Allariz, no exterior do Museo do Coiro (edificio do restaurante Portovello), nas proximidades da ponte sobre o río Arnoia e do Festival Internacional de Xardíns. 

Desprazamento: O desprazamento realizarase en coches particulares.

Material recomendado: Roupa e calzado axeitado, gafas de sol, manta térmica, frontal, comida e auga

Información

Ruta do Rio Edo

  • horario6h’
  • desnivel de subida1200m
  • desnivel de baixada1200m
  • distancia horizontal26km
  • tipo de percorridoCircular
  • severidade do medio natural2
  • orientacion no itinerario2
  • dificultade no desprazamento2
  • cantidade de esforzo necesario3

Condicións en Tres estacións, tempos estimados segundo criterio MIDE, sen paradas.

Calculado sobre datos de 2017.

Sairemos de Allariz e, indo nun bo treito a carón do río Arnoia, chegaremos ao  Ecoespazo do Rexo (esculturas e intervencións paisaxísticas de Agustín Ibarrola, etc.) Proseguiremos ata Santa Mariña, onde faremos o roteiro arqueolóxico existente nese lugar, pasando pola igrexa de Santa Mariña, a cripta da basílica inacabada da Asunción e o seu Forno da Santa (sauna galaica), os restos da cidade romana Cibdá de Armea, o castro de Armea, a inda misteriosa estrutura de O Señoriño, etc. etc. etc. E todo entre fantásticas carballeiras. Dalí voltaremos a Allariz. E non me paro máis en falar doutras cousas que veremos.

Duración probable con paradas: 8 ou 9 horas

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón