Hosting por dinahosting.
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Sendeirismo no Courel

  • Esta actividade xa finalizou.
Data: 13 Xaneiro
Categoría:

Data límite para anotarse
Mércores 10 de xaneiro
Lugar xeral
O Courel
Pernocta
Medios de transporte
Medios propios (vehículo particular)

 

Apúntate en [email protected] ou no local do club.

Ruta de sendeirismo pola zona do Courel e a fermosa Devesa da Rogueira.

Saída
A hora de quedada son ás 09:30 da mañá na entrada do camping de Seoane do Courel. Para a saída dende Ourense, a hora de quedada son ás 8:00 horas nas escaleiras do edificio politécnico do Campus.
Ligazón coa ruta dende Ourense http://clubalpino.ga/2CkUdjZ

Material recomendado
Roupa e calzado cómodo, comida, bebida, manta térmica e frontal.

Ruta do Monte Cido e a Devesa de Rogueira

Ruta Seoane do Courel – Monte Cido – Devesa de Rogueira

  • horario7h 5′
  • desnivel de subida1000 m
  • desnivel de baixada1000 m
  • distancia horizontal20 km
  • tipo de percorridoCircular
  • severidade do medio natural3
  • orientacion no itinerario2
  • dificultade no desprazamento2
  • cantidade de esforzo necesario4

Condicións en Tres estacións, tempos estimados segundo criterio MIDE, sen paradas.

Calculado sobre datos de 2017.

Achegarémonos ata a Devesa de Rogueira dende o Acampamento de Seoane do Courel. Subiremos o Monte Cido, na Serra das Travesas para baixar, dende aquí ata a Moreda para iniciar a ruta da Devesa. Ao chegar ao punto mais elevado, desviarémonos cara o alto do Couto para coller un desvío antes de chegar a él que nos depositará de novo en Moreda e voltar desandando o mesmo camiño que collemos á mañá dende Seoane.

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Se continuas navegando, consideramos que aceptas o seu uso. Podes obter mais información nesta ligazón