Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Sendeirismo A Peneda 5-6 outubro- aprazada

  • Esta actividade xa finalizou.
Comeza: 5 Outubro
Finaliza: 6 Outubro
Categoría:

Sendeirismo A Peneda 5-6 outubro O sábado saímos de Ourense ás 8:30 da mañá para chegar directamente ao roteiro, trihlo do Mouro, ao acabar aqueles que queiran quedar a durmir na Peneda desprazámonos ata alí para o día seguinte realizar o roteiro da Peneda, quen queira ida por volta non hai ningún problema se autogestionara…

  • O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
  • Ata o Mércores 02 de Outubro podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura

Sendeirismo A Peneda 5-6 outubro

O sábado saímos de Ourense ás 8:30 da mañá para chegar directamente ao roteiro, trihlo do Mouro, ao acabar aqueles que queiran quedar a durmir na Peneda desprazámonos ata alí para o día seguinte realizar o roteiro da Peneda, quen queira ida por volta non hai ningún problema se autogestionara a se mesmo. A ruta do Domingo empezará sobre as nove da mañá.

NOTA.

O aloxamento corre por parte dos participantes.

https://albergue-peneda-geres.webnode.es/

Non se recomenda reservar ata que saibamos se hai grupo, mínimo de cinco participantes, por se houbese algún custo por adiantado.

Sábado:

https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/ruta-trilho-do-mouro-capela-da-senhora-da-boa-morte-desde-couco-pasarelas-cascadas-portugal-155872598

Roteiro precioso polo val do río Mouro, nos contrafortes da Serra dá Peneda. Trátase dun percorrido moi variado duns 16 quilómetros, no que teremos paisaxes preciosas, tramos de pasarelas, unha ponte colgante, veredas tradicionais por bosques autóctonos, tramos por levadas, conxuntos etnográficos, Varias Capelas e por suposto do río Mouro e os seus espectaculares e Preciosas Cascadas Puntos de interese.

Domingo:

https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/trilho-da-peneda-arcos-de-valdevez-portugal-parque-nacional-de-peneda-geres-actualizada-nov-2023-153574100

Trátase dun espectacular roteiro que discorre polo Parque Nacional de Peneda-Gerês na cal imos ter a ocasión de percorrer a Serra dá Peneda contemplando as súas impresionantes formacións pétreas, ademais de acceder á fermosa lagoa dá Meadinha e ascender á máxima elevación da serra dá Peneda: o Outeiro Alvo, con 1314 m. de altitude. Partimos da aldea de Peneda, onde se atopa o fascinante Santuario de Nossa Senhora dá Peneda, un dos templos máis importantes desta zona de Portugal situada na base do impresionante roquedo denominado Penedo dá Meadinha. A partir de aquí comezaremos a ascender ata chegar ao precioso lugar onde se acha a lagoa dá Meadinha, rodeada de montañas e situada a 1000 m. de altitude. Continuaremos o roteiro, camiñando polas típicas calzadas empedradas portuguesas gozando de belas paisaxes da serra con montañas infestadas de formacións pétreas e birlos graníticos, ascendendo ata un punto onde nos desviaremos, xa con carreiro pouco definido e guiándonos por GPS e as típicas mariolas (fitos) ata alcanzar o Outeiro Alvo, máxima elevación da serra con 1314 m. de altitude, con amplas vistas de toda a zona. Despois dun merecido descanso, acometeremos o descenso vertixinoso por calzada empedrada e con excelentes vistas, que nos levará de volta á aldea de Peneda e o seu santuario. Distancia: 14 km Duración: 5 horas e media Dificultade: Media Nota: roteiro espectacular, en parte sinalizada, con bo desnivel. A subida ao pico ten vexetación e carreiros pouco definidos e é imprescindible guiarse con GPS e coas mariolas (fitos) . Non se recomenda facela con tempo húmido porque as calzadas empedradas, especialmente o descenso, son esvaradías, e co pedregosa que é a zona hai auga por todas partes.

Data límite para anotarse: mécores 2 outubro 19:30h

    1. Información útil

Comezo (lugar, hora…):

08:30 dende o Pabellón dos Remedios.

Transporte:

Coches particulares.

Material recomendado:

Calzado lixeiro de montaña, roupa cómoda algo de abrigo e para a choiva (en función do tempo) ,gorrra, crema solar,  auga e comida para pasar o día.

Pernocta:

Albergue da Peneda ,hotel da Peneda, tamén hai alguns vivaques no camiño as vias da Meadinha. Os que vaian a durmir no albergue é convinte que reserven con tempo.
Posibilidade para cear o sábado de encargar cea no hotel xunto cos de escalada.

Requisitos para participar:

Afeito camiñar. Ser socio/socia do clube e estar en posesión de licenza federativa vixente para esta actividade.

Prezo (no caso de que exista algún custe)

gratis

Prazas limitadas(Requirirase un mínimo de 5 participantes para que a actividade se leve a cabo)

A inscrición non será válida se no momento de facela non se cumpren os requisitos de soci@ e federad@

Coordinador: Carlos VG

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón