Foto archivo: as nosas pioneras no Coto de Novelle (12/10/1964) O Coto de Novelle é o punto máis alto da ribeira oriental do río Miño e forma parte dunha pequena serra que separa os municipios de Arnoia e Castrelo de Miño, desde onde se contempla en toda a súa extensión o encoro de Castrelo de…
- O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
- Ata o Mércores 04 de Marzo podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura
Foto archivo: as nosas pioneras no Coto de Novelle (12/10/1964)
O Coto de Novelle é o punto máis alto da ribeira oriental do río Miño e forma parte dunha pequena serra que separa os municipios de Arnoia e Castrelo de Miño, desde onde se contempla en toda a súa extensión o encoro de Castrelo de Miño e as terras que conforman a comarca de ” O Ribeiro”. A ascensión é continua ata os 712,00 metros por camiños amplos que dan acceso ao monte comunal. Piñeiros e carballos conforman unha paisaxe uniforme co valor da gran extensión de viñedos nas ribeiras do río Miño.
Faremos un percorrido circular duns12 Km saindo dende Castrelo de Miño e subindo o Coto de Novelle , 600m de desnivel, sinxelo ás veces esixente tanto de subida como de baixada.

Punto e hora de quedada: 9:30h aparcadoiro Parque Náutico Castrelo de Miño
Material recomendado:
calzado lixeiro de montaña, roupa cómoda algo de abrigo e para a choiva (en función do tempo) ,gorrra, crema solar, auga e comida para pasar o día.
Transporte:Coches particulares
Requisitos para participar: Ser socio/socia do clube e estar en posesión de licencia federativa vixente para esta actividade e ter os coñecementos necesarios e a forma física para poder realizala actividade
Prezo:A actividade é gratuíta.
Prazas limitadas(Requirirase un mínimo de 5 participantes para que a actividade se leve a cabo)
A inscrición non será válida se no momento de facela non se cumpren os requisitos de soci@ e federad@
Coordinadora: Mar







