Sendeirismo día da Muller 8 de marzo: Roteiro San Xes (Paderne de Allariz) O sábado día 8 acercarémos a San Xes a facer un roteiro pola sua contorna RUTA SAN XES Lonxitude: 12,65 KM A ruta discorre polas ribeiras do rio Gaiola, atravesando as poboacións de San Xes. O seu paso polo pobo de San…
O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
Ata o Venres 07 de Marzo podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura
Sendeirismo día da Muller 8 de marzo: Roteiro San Xes (Paderne de Allariz)
O sábado día 8 acercarémos a San Xes a facer un roteiro pola sua contorna
RUTA SAN XES
Lonxitude: 12,65 KM
A ruta discorre polas ribeiras do rio Gaiola, atravesando as poboacións de San Xes.
O seu paso polo pobo de San Xes o senderista pasará a carón da pía do Santo de San Xes, Santo protector do ouvido
Material recomendado: calzado lixeiro de montaña, roupa cómoda algo de abrigo e para a choiva (en función do tempo) ,gorrra, crema solar, auga e comida para pasar o día.
Transporte:Coches particulares
Requisitos para participar: Ser socio/socia do clube e estar en posesión de licencia federativa vixente para esta actividade
Prezo:A actividade é gratuíta.
Prazas limitadas(Requirirase un mínimo de 5 participantes para que a actividade se leve a cabo)
A inscrición non será válida se no momento de facela non se cumpren os requisitos de soci@ e federad@
Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).
Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.
O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.
Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón