Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Sendeirismo en Cabeza de Manzaneda

  • Esta actividade xa finalizou.
Data: 19 Xaneiro
Categoría:

Actividade de sendeirismo pola zona de Manzaneda. Hai posibilidade de durmir no refuxio de Manzaneda todos aqueles que o dexexen o que se vaian a quedar ao curso de orientación do domingo.…


Actividade de sendeirismo pola zona de Manzaneda. Hai posibilidade de durmir no refuxio de Manzaneda todos aqueles que o dexexen o que se vaian a quedar ao curso de orientación do domingo.

Inscripción

Data límite para a inscripción:

  • Mércores 16 de xaneiro

Importante: Se te inscribes por correo solicitase informar de se estás disposto/a a levar vehículo propio, prazas e cidade de saída, así como se se precisa material e que noites precisas aloxamento.

Información útil

Comezo(lugar, hora…): Ás 08:30 nas escaleiras do edificio politécnico do campus. Ver detalle.

Desprazamento: O desprazamento realizarase en coches particulares.

Material recomendado: Roupa e calzado axeitado, gafas de sol, manta térmica, frontal, comida e auga, saco de durmir para o refuxio.

Pernocta: No refuxio “Pena do Caldeiro”, de Manzaneda.Pódese cociñar no mesmo.

Información

Pena do Caldeiro- Lagoa Grande- Cabeza de Manzaneda

  • horario6h30′
  • desnivel de subida700 m
  • desnivel de baixada700 m
  • distancia horizontal18 km
  • tipo de percorridoCircular
  • severidade do medio natural2
  • orientacion no itinerario2
  • dificultade no desprazamento2
  • cantidade de esforzo necesario3

Condicións en Tres estacións, tempos estimados segundo criterio MIDE, sen paradas.

Calculado sobre datos de 2018.

Ruta pola contorna de Cabeza de Manzaneda. Saindo do refuxio Pena do Caldeiro dirixirémonos cara as Aguilladas e a Lagoa Grande. Dende ahí voltaremos ao refu pasando pola Cabeza de Manzaneda.

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón