Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Sendeirismo en Friol 16 novembro

  • Esta actividade xa finalizou.
Data: 16 Novembro
Categoría:

Descripción Círcular por Friol con visita guiada Fortaleza de Narla Data límite para a inscripción Martes 11 de novembro Información útil Comezo (lugar, hora…):10:30h na fortaliza en San Paio de Narla en Friol (Lugo) Transporte: Coches propios que intentaremos partillar e compartir gastos. Material recomendado: Mochila, roupa e calzado axeitada a climatoloxía e terreo de…

  • O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
  • Ata o Martes 11 de Novembro podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura

Descripción

Círcular por Friol con visita guiada Fortaleza de Narla

Data límite para a inscripción

Martes 11 de novembro

Información útil

  • Comezo (lugar, hora…):10:30h na fortaliza en San Paio de Narla en Friol (Lugo)
  • Transporte: Coches propios que intentaremos partillar e compartir gastos.
  • Material recomendado:
    • Mochila, roupa e calzado axeitada a climatoloxía e terreo de montaña e impermeable, comida de ataque, auga, protección solar, gorra, bastóns de montaña (recomendables), algunha prenda de abrigo, chuvasqueiro…

Requisitos para participar:

  • Ser socio do clube e estar en posesión de licencia federativa vixente para esta actividade.

Prezo:

  • Actividade é gratuíta.

Información Técnica:

Día 16 Novembro


Información MIDE ou track/wikiloc

  • https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/castelo-de-narla-en-friol-lugo-209458232
  • Descripción da ruta
    • Actividade de sendeirismo aberta a tódolos-as socios-as do Clube Alpino Ourensán.
    • Sairemos ás 10:30h da frotaleza de San Paio de Narla (en Friol-Lugo) camiñando, para chegar a comer ao parque no pobo de Friol, alí hai servicios como bares, ainda que a idea é facer picnic no parque…
    • Despois de repoñer forzas, voltaremos de novo, tras percorrer case 10 Km en total, ao castelo.
    • Na fortaleza espérannos ás 16h, alí teremos unha visita guiada gratuita de hora e media, onde aprenderemos a historia dese monumento, destruído durante as revoltas irmandiñas.
    • O roteiro irá por camiños ao lado do río Narla, con bosque de ribeira e por pistas forestais sen case desnivel (menos de 100m) con gran presenza de bidueiros.
    • Actividade proposta por Sandra e Bea (sección infantil do clube).

Prazas limitadas (Requirirase un mínimo de 5 participantes para que a actividade se leve a cabo)

A inscrición non será válida se no momento de facela non se cumpren os requisitos de soci@ e federad@

 

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón