Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Aprazada-Sendeirismo en Manzaneda con comida popular no refuxio pena do Caldeiro 27 abril

  • Esta actividade xa finalizou.
Data: 27 Abril
Categorías: ,

Sendeirismo en Manzaneda con comida popular no refuxio pena do Caldeiro 27 abril   27 de abril: Mañá de sendeirismo en Manzaneda e comida no Refuxio. Faremos a ruta das Aguilladas e acercarémonos tamén ás Aguilladiñas ao fondo do circo glaciar. Remate no refuxio do club. É unha boa oportunidade para coñecelo o refuxio e…

  • O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
  • Ata o Venres 25 de Abril podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura

Sendeirismo en Manzaneda con comida popular no

refuxio pena do Caldeiro 27 abril

 

27 de abril: Mañá de sendeirismo en Manzaneda e comida no Refuxio. Faremos a ruta das Aguilladas e acercarémonos tamén ás Aguilladiñas ao fondo do circo glaciar. Remate no refuxio do club.

É unha boa oportunidade para coñecelo o refuxio e as Aguilladas

Información útil

Comezo


Saída de Ourense ás 8.30 dende o Politécnico nas Lagoas

Material recomendado:
calzado lixeiro de montaña, roupa cómoda algo de abrigo e para a choiva (en función do tempo) ,gorrra, crema solar,  auga e comida para pasar o día.

Transporte:Coches particulares

PrezoPoremos uns cartiños para a comida (informaremos no grupo da actividade)

Requisitos para participar:
Ser socio/socia do clube e estar en posesión de licencia federativa vixente para esta actividade

Prazas limitadas(Requirirase un mínimo de 5 participantes para que a actividade se leve a cabo)

A inscrición non será válida se no momento de facela non se cumpren os requisitos de soci@ e federad@

Coordina: sección veteranos

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón