Hosting por dinahosting.
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Sendeirismo en Manzaneda

  • Esta actividade xa finalizou.
Comeza: 12 Xaneiro
Finaliza: 13 Xaneiro
Categoría:

Actividade de sendeirismo pola zona de Manzaneda, con posibilidade de durmir no refuxio de Manzaneda todos aqueles que o dexexen.

Inscripción

Data límite para a inscripción:

  • Martes 8 de xaneiro mediante o correo [email protected]
  • Mércores 9 de xneiro no local do club ou por teléfono en horario de apertura

Importante: Se te inscribes por correo solicitase informar de se estás disposto/a a levar vehículo propio, prazas e cidade de saída, así como se se precisa material e que noites precisas aloxamento.

Información útil

Comezo(lugar, hora…): Ás 08:30 nas escaleiras do edificio politécnico do campus. Ver detalle.

Desprazamento: O desprazamento realizarase en coches particulares.

Material recomendado: Roupa e calzado axeitado, gafas de sol, manta térmica, frontal, comida e auga, saco de durmir para o refuxio.

Pernocta: No refuxio “Pena do Caldeiro”, de Manzaneda.Pódese cociñar no mesmo.

Sábado

Foxo de Santa Cruz- Teixedo- Ferrería

  • horario6h’
  • desnivel de subida593 m
  • desnivel de baixada593 m
  • distancia horizontal17 km
  • tipo de percorridoCircular
  • severidade do medio natural2
  • orientacion no itinerario2
  • dificultade no desprazamento2
  • cantidade de esforzo necesario3

Condicións en Tres estacións, tempos estimados segundo criterio MIDE, sen paradas.

Calculado sobre datos de 2018.

Track da ruta https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/foxo-de-santa-cruz-teixedo-ferreria-31297792

Domingo

Alto da Pa por Queixeliñas

  • horario6h’
  • desnivel de subida985 m
  • desnivel de baixada985 m
  • distancia horizontal15 km
  • tipo de percorridoCircular
  • severidade do medio natural2
  • orientacion no itinerario2
  • dificultade no desprazamento2
  • cantidade de esforzo necesario3

Condicións en Tres estacións, tempos estimados segundo criterio MIDE, sen paradas.

Calculado sobre datos de 2018.

Track da ruta https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/alto-da-pa-por-queixelinas-16060410

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón