A vogalía de sendeirismo organiza un fin de semana con dúas rutas sinxelas pola zona do Alto Sil e Salentinos.
…
A vogalía de sendeirismo organiza un fin de semana con dúas rutas sinxelas pola zona do Alto Sil e Salentinos.
Ollo, o número máximo de prazas para esta actividade é de 12 persoas por riguroso orde de inscripción.
Inscripción
Data límite para a inscripción:
- Xoves14 de xuño mediante o correo [email protected]
- Mércores 13 de xuño no local do club ou por teléfono en horario de apertura
Importante: Se te inscribes por correo solicitase informar de se estás disposto/a a levar vehículo propio, prazas e cidade de saída e que noites precisas aloxamento.
Información útil
Comezo(lugar, hora…): O sábado 23 ás 09:00 na aldea de Rioscuro ou o venres ao longo da tarde-noite no albuergue de El Trasgu (Salentinos)
Desprazamento: O desprazamento realizarase en coches particulares.
Material recomendado: Roupa e calzado axeitado, lentes de sol, manta térmica, frontal, comida e auga, saco de durmir para o refuxio.
Pernocta: No albergue La Cabana del Trasgu, en Salentinos. Mais info e como chegar en www.lacabanadeltrasgu.com
Prezo
- 25€ ………1 noite con almorzo
- 20€ ……….1 noite sen amorzo
- 35€ ………Media pensión (aloxamento, almorzo e cea)
Información das actividades
Sábado
Na actividade do sábado acompañaranos unha persoa con gran coñecemento da zona que podrá explicarnos a fauna e flora local. A ruta sairá dende a aldea de Rioscuro cara Brañaronda, Braña de Murias e Rabanal. Terá unha lonxitude dentre 20 e 25 km e uns 500 metros de desnivel.
Domingo
Para a actividade do comingo, esta ainda está por definir, pero será unha actividade sinxela de sendeirismo pola zona.