Hosting por dinahosting.
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Sendeirismo en sistelo

  • Esta actividade xa finalizou.
Data: 24 Febreiro
Categoría:

Nesta actividade disfrutaremos da zona do Alto Vez. Pasaremos polo denominado “Pequeno Tibet” e as diferentes brandas que salpican esta serra.

Inscripción: Data límite para a inscripción:

  • Martes 20 de febreiro mediante o correo [email protected]
  • Mércores 21 de febreiro no local do club ou por teléfono en horario de apertura

Importante: Se te inscribes por correo solicitase informar de se estás disposto/a a levar vehículo propio, prazas e cidade de saída.

Saída(lugar, hora…): O punto de quedada e ás 10:00 horas (Española) na fonte da aldea de Sistelo, Portugal. A fonte está no medio da aldea, na praza.

Desprazamento: O desprazamento realizarase en coches particulares.

Material recomendado: Roupa e calzado axeitado, gafas de sol, manta térmica, frontal, comida e auga.

Información

Ruta do Alto Vez

  • horario6h’
  • desnivel de subida502 m
  • desnivel de baixada502 m
  • distancia horizontal20 km
  • tipo de percorridoCircular
  • severidade do medio natural2
  • orientacion no itinerario2
  • dificultade no desprazamento2
  • cantidade de esforzo necesario3

Condicións en Tres estacións, tempos estimados segundo criterio MIDE, sen paradas.

Calculado sobre datos de 2017.

Partiremos da aldea de Sistelo ata a Branda do Furado. Polo camiño, pasaremos polas aldeas de Padrão e Porto da cova e por brandas coma a do Alhal, Crastibo…

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Se continuas navegando, consideramos que aceptas o seu uso. Podes obter mais información nesta ligazón