Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Sendeirismo infantil: Cabeza Grande de Manzaneda 20 Xuño 2020

  • Esta actividade xa finalizou.
Data: 20 Xuño

Descripción xeral SENDEIRISMO INFANTIL CABEZA GANDE DE MANZANEDA: Para o sábado 20 de Xuño dende a sección infantil propoñemos retomar as saídas de sendeirismo. A nosa socia Nina faranos una ruta circular dende o noso refuxio Pena do Caldeiro a Cabeza grande de Manzaneda( poderemos deixar os coches na explanada do refuxio ou na estación…

  • O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
  • Ata o Mércores 17 de Xuño podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura

Descripción xeral
SENDEIRISMO INFANTIL CABEZA GANDE DE MANZANEDA:
Para o sábado 20 de Xuño dende a sección infantil propoñemos retomar as saídas de sendeirismo.
A nosa socia Nina faranos una ruta circular dende o noso refuxio Pena do Caldeiro a Cabeza grande de Manzaneda( poderemos deixar os coches na explanada do refuxio ou na estación e subir camiñando ata o refu).
Trataremos de pasar un día agradable en contacto coa natureza nos arredores do noso refuxio.
Pola tarde en función do tempo, achegarémonos ao encoro de Chandrexa ou visitaremos o Souto de Rozavales no pobo de Manzaneda.

Data límite para a inscripción
Mércores 17 de Xuño a través da web.

Haberá prazas limitadas a 18 persoas incluíndo pais e nenos.

Esta vez haberá que facer unha inscrición por persoa, xa que deberedes aceptar o consentimento informado adaptado ao COVID-19.
Unha vez realizada a inscrición darémosvos os consellos pos covid 19 que recomenda a FEDME e que aplicaremos nas nosas saídas

Información útil
Comezo
Refuxio Pena do Caldeiro ás 10:30h
Transporte:
Medios propios.
Material recomendado:
calzado lixeiro de montaña, roupa cómoda algo de abrigo e para a choiva (en función do tempo) ,gorrra, crema solar,  auga e comida para pasar o día.
Requisitos para participar:
Ser socio do clube e estar en posesión de licencia federativa vixente para esta actividade
Prezo:
Gratuita.
En caso de mal tempo a actividade suspenderase.

 

 

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón