Paseo pola ribeira do río Miño. Paseo fluvial moi agradable e preto do río baixo árbores durante a maior parte do percorrido. Con posibilidade de baño ao remate da actividade.…
- O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
- Ata o Mércores 07 de Xuño podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura
Descripción actividad
- A ruta proposta comeza a ruta na zona termal de Barbantes e percorre 5 km polas beiras do río Miño case todo o tempo baixo bosque. En total percorreranse 10 km en terreo sinxelo (ida e volta). Ruta que discorre pola beira do Miño por un paseo fluvial moi agradable a carón do río. Comezaremos na zona termal de Barbantes, e despois duns 2 km chegamos ao balneario de Laias onde podemos ver a Igrexa de Laias, románica do século XII. Continuaremos 3 km por terreo sinxelo, case todo o percorrido baixo a sombra das árbores. O regreso faise polo mesmo camiño que a viaxe de ida. Unha vez que volvamos á zona termal de Barbantes, se fai bo tempo, poderiamos bañarnos, comer e gozar da área recreativa na que contan con aseos, cafetería, vasos termais con auga fría e entrada acondicionada para bañarse no río Miño. Ademais dun parque con area e columpios.
Data límite para a inscripción
7 de xuño 21:00h
Información útil
- Comezo (lugar, hora…):
10 de junio a las 10:30 na Área Termal de Barbantes en Ourense
- Transporte: Transportes particulares.
- Material recomendado:
- Recoméndase calzado e roupa cómoda para camiñar, gorro e protector solar. Se o tempo acompañase, sería posible bañarse, nese caso: bañador, chanclas e toalla.
- Pernocta: non
Requisitos para participar:
Ser socio/socia do clube e estar en posesión de licencia federativa vixente para esta actividade
Prezo:
- Gratuíta.
Prazas limitadas (Requirirase un mínimo de 5 participantes para que a actividade se leve a cabo)
A inscrición non será válida se no momento de facela non se cumpren os requisitos de soci@ e federad@
Coordinadora: Laura