Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Sendeirismo: Lagoa Cospeito 16 febreiro

Data: 16 Febreiro
Categoría:

Sendeirismo: Lagoa Cospeito 16 febreiro   Data límite para a inscripción: mércores 12 febreiro 19:30h Información útil Comezo (lugar, hora…): 10.15 horas. Lugar por determinar Transporte: Coches particulares Material recomendado: Roupa e calzado (impermeable) adecuado. Comida e bebida para pasar o día. Prismáticos (se os tedes, senón podénse reservar alí) Requisitos para participar: Ser socio…

  • O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
  • Ata o Mércores 12 de Febreiro podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura

Sendeirismo: Lagoa Cospeito 16 febreiro

 

Data límite para a inscripción: mércores 12 febreiro 19:30h

Información útil

Comezo (lugar, hora…):

10.15 horas. Lugar por determinar

Transporte:

Coches particulares

Material recomendado:

Roupa e calzado (impermeable) adecuado. Comida e bebida para pasar o día. Prismáticos (se os tedes, senón podénse reservar alí)

Requisitos para participar:

Ser socio do Clube e estar federado nunha modalidade que cubra a actividade

Prezo (no caso de que exista algún custe)

A visita e gratuíta, pero é aconsellable facer un donativo ao rematar.

  • Visita guiada a Lagoa de Cospeito (1 hora e media aprox.).

https://ecoturismogalicia.com/centro-interpretacion-lagoa-de-cospeito-a-feira-do-monte-lugo/

Orientada a persoas que queiran coñecer a historia do humidal e as principais especies que o habitan, para despois visitalo libremente O paseo duns 3km ao redor da lagoa lévanos por un percorrido tranquilo, iremos sempre á sombra de grandes carballos e tamén veremos espiños, bidueiras, freixos, salgueiros…

Hai varios observatorios de aves ao longo do percorrido a onde poderemos subir e divisar a lagoa e se temos sorte algunha ave.

Trátase de un lugar privilexiado, incluido na Rede Natura 2000, onde centos de aves durante o inverno buscan refuxio durante as súas migracións procedentes do norte e centro de Europa.

  • Ruta das Fontes

https://terrachaxa.com/news/cospeito-a-ruta-das-fontes/78401/

Información técnica

Actividades de sendeirismo

UN CADA DÍA/RUTA

Información MIDE ou track/wikiloc

https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/ruta-das-fontes-cospeito-lugo-100668607

Descripción da ruta

Roteiro circular curto e sinxelo que inicia e remata na Lagoa. Fermosa ruta na que en poucos metros pasamos do espeso bosque de castiñeiros, carballos e bidueiros as fermosas vistas da Terra Chá.

Prazas limitadas(Requirirase un mínimo de 5 participantes para que a actividade se leve a cabo)

A inscrición non será válida se no momento de facela non se cumpren os requisitos de soci@ e federad@

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón