Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Sendeirismo na Alberca

  • Esta actividade xa finalizou.
Comeza: 17 Maio
Finaliza: 20 Maio
Categoría:

Durante esta ponte de maio realizaranse tres actividades dentro do Parque Natural de Las Batuecas – Sierra de Francia sen dificultade técnica.…


ACTIVIDADE CANCELADA

Durante esta ponte de maio realizaranse tres actividades dentro do Parque Natural de Las Batuecas – Sierra de Francia sen dificultade técnica.

Mas infomación do parque en https://es.wikipedia.org/wiki/Parque_natural_de_Las_Batuecas-Sierra_de_Francia

No caso de que haxa rapaces e rapazas apuntadoss, a primeira actividade seria acompañar aos adultos en bici. A segunda actividade sería só recorrer o val das Batuecas. E a terceira si están con ganas subir a Peña de Francia.

Inscripción

Data límite para a inscripción:

  • Venres 11 de maio mediante o correo [email protected]
  • Mércores 11 de maio no local do club ou por teléfono en horario de apertura

Importante: Se te inscribes por correo solicitase informar de se estás disposto/a a levar vehículo propio, prazas e cidade de saída.

Información útil

Comezo(lugar, hora…): O punto de quedada será todos os dias na Praza da Alberca.

Desprazamento: O desprazamento realizarase en coches particulares.

Material recomendado: Roupa e calzado axeitado, gafas de sol, manta térmica, frontal, comida e auga.

Pernocta: A pernocta deberá ser xestionada por conta de cada un dos participantes.

Dende la Alberca a Mogarraz e volta a La Alberca

La Alberca Mogarraz

  • horario6
  • desnivel de subida630 m
  • desnivel de baixada630 m
  • distancia horizontal20 km
  • tipo de percorridoCircular
  • severidade do medio natural1
  • orientacion no itinerario2
  • dificultade no desprazamento2
  • cantidade de esforzo necesario2

Condicións en verán, tempos estimados segundo criterio MIDE, sen paradas.

Calculado sobre datos de 2016.

A actividade partirá dende a localidade de La Alberca polo Camiño das Raices e o GR-10 para chegar ata Mogarraz pola Ruta da Auga. Dende esta localidade voltase realizando unha ruta circular a La Alberca. Trátase dunha ruta sen dificultade técnica.

Val de Las Batuecas

Nesta actividade, que todavía está por concretar por parte do organizador percorrerase o Val de Las Batuecas chegando á La Alberca.
As Batuecas é un val máxico, situado ao sur da provincia salmantina, moi preto de La Alberca. A súa orografía intrincada, rodeado dos cumios da Serra de Francia, converteuno en refuxio da fauna local e dalgúns eremitas. Incluso o propio Lope de Veiga referiuse a el como “perpetuo lugar de felicidade”.

Ascensión á Peña de Francia dende La Alberca

Ascensión á Peña de Francia

  • horario5
  • desnivel de subida811 m
  • desnivel de baixada132m
  • distancia horizontal9km
  • tipo de percorridoTravesía
  • severidade do medio natural2
  • orientacion no itinerario2
  • dificultade no desprazamento2
  • cantidade de esforzo necesario2

Condicións en verán, tempos estimados segundo criterio MIDE, sen paradas.

Calculado sobre datos de 2016.

Este día ascenderemos a Peña de Francia, dende a que poderemos ter unha visión en conxunto do Parque Natural. A ascensión, na que partiremos dende La Alberca, non presenta ningunha dificultade técnica, realizándose a mesma polo GR-10.

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón