Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Sendeirismo infantil Sequeiros de Mostad e Cova de Lastra – O Courel/ Aprazada

  • Esta actividade xa finalizou.
Data: 17 Outubro
Categoría:

SENDEIRISMO INFANTIL SEQUEIROS DE MOSTAD E COVA DE LASTRA–O COUREL: Ruta de sendeirismo circular que percorre un fabuloso Souto e Sequeiros en Mostad con una grande cantidade de castaños centenarios. A ruta é sinxela cunha distancia de 5,70km. E 2,30 horas de duración. Os Sequeiros son edificacions de pedras adicadas ó secado de castañas con…

  • O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
  • Ata o Luns 12 de Outubro podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura

SENDEIRISMO INFANTIL SEQUEIROS DE MOSTAD E COVA DE LASTRA–O COUREL:

Ruta de sendeirismo circular que percorre un fabuloso Souto e Sequeiros en Mostad con una grande cantidade de castaños centenarios. A ruta é sinxela cunha distancia de 5,70km. E 2,30 horas de duración. Os Sequeiros son edificacions de pedras adicadas ó secado de castañas con dúas alturas: arriba para as castañas recollidas e abaixo é onde se acende o lume para secalas.
Pola tarde subiremos á cova Lastra ó Tras a Pala no complexo calizo de Mostad, moi preto dos soutos e Sequeiros que percorreremos de mañá. A cova é moi doada, non fai falla sistema vertical, non ten auga aunque pode haber algo de humidade.

Información da zona:
Mostaz é una poboación dentro do concello de Folgoso do Courel situada a unhos 930 m. de altura.
Nos arredores atopamos as minas romanas de Torubio Este e Oeste. A uns 500 m. está a cova de Lastra ó Tras a Pala, pola que se poden camiñar 260 m. con estalacticas y estalacmitas.
Da formidable presenza de Sequeiros na zona temos que destacar que estes conservados no Courel teñen algunas características particulares. Normalmente se atopan no medio dos soutos pero hai otros nas aldeas. Son construcción de pedra de dous pisos e teito de pizarra, nos que se leva a cabo o secado da castaña. Estos dous pisos sepáranse por un piso de madeira de castaño, láminas lisas por riba e con forma de cuña por debaixo (as riplas). Cando os donos do sequeiro recolectaban una grande cantidade de castañas as depositaban no piso superior o caniceira. Nel, as riplas están lixeiramente separadas, o xusto para que non se caigan e o fume e a calor do lume
(remoleiro) penetre na planta de enriba.
O lume permanecía acendido dí e noite e o proceso podía durar 15 ou 20 días. A miudo os Sequeiros eran habitados durante este proceso. Unha vez seca a castaña se golpeaban cun tcón de madeira ( traballo da pisa). As castañas xa pisadas se puñan nun caixon de madeira (bandoxo) no que coun movemento acompasado se conseguía a
separación da castaña da pel.
A castaña así se mantiña durante todo o ano e só necesitaba una rehidratación para ser consumida.

Información útil
Comezo (lugar, hora…):
Sábado 17 outubro ás 10:45 no parking exterior do campamento de Folgoso de Courel.
https://goo.gl/maps/RmZfLXnFVKNAy3RH8
Transporte:
Medios propios.
Material recomendado:
Calzado lixeiro de montaña, xa que pasaremos algúns tramos co chan húmido e esvaradizo; roupa cómoda e de
abrigo , auga e comida para pasar o día, frontal ou linterna e ropa de recambio
Requisitos para participar:
Ser socio do clube e estar en posesión de licencia federativa vixente para esta actividade
Prezo :Actividade gratuíta

Prazas limitadas
*AVISO IMORTANTE:Pola situación actual na que nos atopamos, as actividades poderán ser modificadas ou canceladas dun día para outro.
O número de participantes poderá verse modificado por cambios na normativa Covid da zona onde se vaia a realizar a actividade, nese caso, respectarase en todo monento a orde de inscrición.
Agradecemos a vosa comprensión

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón