Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Sendeirismo polo Alto Sil

  • Esta actividade xa finalizou.
Comeza: 6 Xullo
Finaliza: 7 Xullo
Categoría:

Actividade de sendeirismo na que o sábado realizarase unha ascensión a dous cumios e o domingo percorreremos o coñecido Val de Pedroso.…

  • O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
  • Ata o Mércores 03 de Xullo podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura

Información útil

Comezo(lugar, hora…): Ás 09:00 no Albergue “El cordal de Laciana” en Caboalles de Abajo.

Desprazamento: O desprazamento realizarase en coches particulares.

Material recomendado: Roupa e calzado axeitado, gafas de sol, manta térmica, frontal, comida e auga.

Pernocta: No Albergue “El cordal de Laciana” en Caboalles de Abajo. Non é preciso saco de durmir. Hay posibilidade de só durmir ou Media Pensión.

 

Sábado

Pico el Miro e Pico Matalachana

  • horario6h51′
  • desnivel de subida1056 m
  • desnivel de baixada1056 m
  • distancia horizontal16 km
  • tipo de percorridoCircular
  • severidade do medio natural2
  • orientacion no itinerario2
  • dificultade no desprazamento2
  • cantidade de esforzo necesario4

Condicións en Tres estacións, tempos estimados segundo criterio MIDE, sen paradas.

Calculado sobre datos de 2018.

A actividade consiste en subir ó Pico el Miro (1845 m.) e Matalachana (1732 m.) e pasar pola Braña de Buenverde situados en frente a Caboalles de Abajo. Teremos que salvar un desnivel de 1000 m. e facer uns 16 Km. Sairemos xa andando dende o albergue “El Cordal de Laciana” , onde se pernotará, ás 9:00.
E unha actividade esixente polo desnivel que ten pero moi recomendabel.

Domingo

Val de Pedroso

  • horario6h18′
  • desnivel de subida537 m
  • desnivel de baixada537 m
  • distancia horizontal18 km
  • tipo de percorridoIda e Volta
  • severidade do medio natural2
  • orientacion no itinerario2
  • dificultade no desprazamento2
  • cantidade de esforzo necesario4

Condicións en Tres estacións, tempos estimados segundo criterio MIDE, sen paradas.

Calculado sobre datos de 2018.

Actividade moito menos esixente que a do día anterior.

Consiste nun recorrido lineal polo fondo do Val do Pedroso ata chegar a braña de Fontechada. Este val está ó carón de Palacios do Sil. Sería salvar uns 500 m. de desnivel e facer uns 18 Km. Sairemos do albergue as 9:00 para achegarnos en coches ata Palacios do Sil.

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón