Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Sendeirismo polo río Lonia e visita guiada o Castro de San Tomé (15 Febreiro 2020)

  • Esta actividade xa finalizou.
Data: 15 Febreiro
Categoría:

SENDEIRISMO INFANTIL RÍO LOÑA E VISITA GUIADA CASTRO SAN TOMÉ:   Ruta de sendeirismo circular que percorre o cañón do Río Loña de Ourense polo seu tramo dentro do concello de cidade, o longo da cal tamén teremos a oportunidade de recibir a visita de Gema Seara que nos guiará a través do Castro de San Tomé…

  • O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
  • Ata o Mércores 12 de Febreiro podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura

SENDEIRISMO INFANTIL RÍO LOÑA E VISITA GUIADA CASTRO SAN TOMÉ:

 

Ruta de sendeirismo circular que percorre o cañón do Río Loña de Ourense polo seu tramo dentro do concello de cidade, o longo da cal tamén teremos a oportunidade de recibir a visita de Gema Seara que nos guiará a través do Castro de San Tomé situado na parte final do percorrido polo Río Loña.

Data límite para a inscripción
Mércores 12 de Febreiro a través da web ou no clube.

Comezo :
11:00h noCPI Pluriligüe José García García – Mende (Ourense)
Transporte:
Medios propios. .
Material recomendado:
Calzado lixeiro de montaña, xa que pasaremos algúns
tramos co chan húmido e esvaradizo; roupa cómoda e de
abrigo , auga e comida para pasar o día.

Requisitos para participar:
Ser socio do clube e estar en posesión de licencia federativa
vixente para esta actividade
Prezo:  
A actividade de sendeirismo é gratuíta. A Visita guiada ó
Castro ten un custe en función dos inscritos á actividade
(estimamos 3 euros/pax.).
En caso de mal tempo a actividade suspenderase.

 

 

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón