Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Sendeirismo por Arbás

  • Esta actividade xa finalizou.
Data: 20 Outubro
Categoría:

Dúas rutas de sendeirismo pola contorna do Puerto de Leitariegos e Arbas pasando por algúns dos mellores bosques da zona.


Dúas rutas de sendeirismo pola contorna do Puerto de Leitariegos e Arbas pasando por algúns dos mellores bosques da zona.

Inscripción

Data límite para a inscripción:

  • Martes 16 de outubro mediante o correo [email protected]
  • Mércores 17 de outubro no local do club ou por teléfono en horario de apertura

Importante: Se te inscribes por correo solicitase informar de se estás disposto/a a levar vehículo propio, prazas e cidade de saída, así como se se precisa material e que noites precisas aloxamento.

Información útil

Comezo(lugar, hora…): Ás 09:00 da mañá no aparcadoiro da estación de esquí de Leitariegos.

Desprazamento: O desprazamento realizarase en coches particulares.

Material recomendado: Roupa e calzado axeitado, gafas de sol, manta térmica, frontal, comida e auga.

Pernocta: En el “Cordal del Laciana” en Caboalles de Abajo. 15€ durmida e almorzo ou 23€ media pensión

Sábado

Valle Alto del Naviego

  • horario8h’
  • desnivel de subida1000 m
  • desnivel de baixada1000 m
  • distancia horizontal20 km
  • tipo de percorridoCircular
  • severidade do medio natural2
  • orientacion no itinerario2
  • dificultade no desprazamento2
  • cantidade de esforzo necesario4

Condicións en Tres estacións, tempos estimados segundo criterio MIDE, sen paradas.

Calculado sobre datos de 2017.

Este día imos a recorrer el Valle Alto del Naviego facendo uns 20 Km. e salvando un desnivel de 1000 m.
Este val alberga algúns dos mellores bosques do municipio asturiano de Cangas de Narcea e do occidente da coordillera Cantábrica, como son os bosques mixtos (principalmente bidueiro) do Monte do Gato, o Monte do Oso e o da base do Cueto de Arbas. Esta ruta recorre lixeiramente a base do último deles e permitiranos ver durante boa parte do recorrido toda a ladeira do Monte do Gato, así como unha das vertentes máis expectaculares do Cueto de Arbas. Tamén pasaremos polas aldeas de Trascastro, Brañas de Arriba e Brañas de Abajo.

Domingo

Val do Pedroso

  • horario6h’
  • desnivel de subida500 m
  • desnivel de baixada500 m
  • distancia horizontal16 km
  • tipo de percorridoCircular
  • severidade do medio natural2
  • orientacion no itinerario2
  • dificultade no desprazamento2
  • cantidade de esforzo necesario3

Condicións en Tres estacións, tempos estimados segundo criterio MIDE, sen paradas.

Calculado sobre datos de 2017.

Este día imos a visitar o Valle del Pedroso que é un dos máis salvaxes do municipio de Palacios, e na súa ladeira oeste atópase un extensísimo robledal, que recorreremos pola súa base. Ademáis a Braña de Fontellada, ó final do val, está enclavada nun dos lugares máis fotoxénicos do Alto Sil.

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón