SENDEIRISMO: SENDEIRO ECOLÓXICO DO PEILÁN De interese cultural( Muiños, antiga fábrica de papel e pontes sobre o río) e paisaxístico (paisaxe río Arenteiro, Poza do Peilán e fervenza do Peilán). Neste denominado Sendeiro Ecolóxico do Peilán poderemos ver restos dunha gran fábrica de papel á beira do río e diferentes infraestructuras relacionadas coa industria: canles,…
- O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
- Ata o Luns 10 de Outubro podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura
SENDEIRISMO: SENDEIRO ECOLÓXICO DO PEILÁN
De interese cultural( Muiños, antiga fábrica de papel e pontes sobre o río) e paisaxístico (paisaxe río Arenteiro, Poza do Peilán e fervenza do Peilán).
Neste denominado Sendeiro Ecolóxico do Peilán poderemos ver restos dunha gran
fábrica de papel á beira do río e diferentes infraestructuras relacionadas coa industria:
canles, pontes e presas ademáis de mostras do patrimonio etnográfico como os muiños fariñeiros.
A antiga fábrica de papel de Lousado, é una gran construcción que aproveitou un pazo e que contaba con todas as infraestructuras para a producción, aproveitando a auga do río Arenteiro, que incluso a utilizaba para facer electricidade.
O derradeiro dono legou a fábrica no ano 2008 ó Concellode Piñor coa esperanza de
crear e albergar instalación para un centro de discapacitados………e segue esperando.
Puntos de interese:
Canle de auga
Canle que se atopa protexido por barandillas de madeira , recollía a auga da Poza do
Peilán.
Mirador de A Fervenza do Peilán
Presa de O Peilán
A presa que retén as augas do río Arenteiro forma a chamada Poza do Peilán, gran presa de mampostería e sillares construida para o desvío da auga hacia a canle abastecía á fábrica de papel de Lousado.
Muiños de O Peilán
Conxunto de catro muiños de auga escalonados, algún rehabilitado.
No percorrido tamén atoparemos carballeiras, fontes, lavadeiros e calzadas empedradas.
Información útil
Comezo :10:30 na capela da Peregrina no pobo de Arenteiro, Piñor de Cea, Ourense.
Transporte:Medios propios. .
Material recomendado:Roupa axeitada á actividade: botas, algo de abrigo e comida e auga para pasar o día
Requisitos para participar:Ser socio do clube e estar en posesión de licencia federativa vixente para esta actividade
Información técnica
Información MIDE e track/wikiloc
Prezo:A actividade é gratuíta.
Prazas limitadas(Requirirase un mínimo de 5 participantes para que a actividade se leve a cabo)
A inscrición non será válida se no momento de facela non se cumpren os requisitos de soci@ e federad@