Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Sendeirismo polos montes de Ourense 8 decembro

  • Esta actividade xa finalizou.
Data: 8 Decembro
Categoría:

Roteiros polos arredores de Ourense e baño na Chavasqueira…

  • O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
  • Ata o Martes 06 de Decembro podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura

Descripción da ruta

Saímos desde Ourense polo paseo do rio ao chegar á pozas da chavasqueira desviámonos un por un camiño que nos levará ao barrio da Bobadela, subiremos unha pequena pendente ata un miradoiro de Ourense, desde alí seguiremos por pista e penetrarémonos en breves en camiños e sendas atravesando bosques e pobos onde levaranos ao pobo de Eirasvedras, desde alí subiremos ata a conchada penetrándonos en novos bosques que nos deixase asombrados polo seu esplendor. na metade dese camiño pasaremos polo miradoiro de Falan, e poderémonos achegar ata as ruínas de mosteiro de Sta. Comba, continuaremos por unha senda que nos levará ata o pobo de Untes, desde alí baixaremos ao paseo do Río Miño e volveremos en dirección a Ourense ata as termas do muíño ou as de Outariz onde nos poñeremos o bañador e gozaremos das calidas augas termais, durante o tempo que estea permitido, despues seguiremos o camiño do río en dirección ao comezo do roteiro.

Observacións:

Este roteiro pódese acurtar no pobo de Eirasvedras para quen xa queira ir directamente ás termas.

Información MIDE ou track/wikiloc

Ruta sen dificultad técnica.

La ruta en sí sería a unión destas dúas, +ou –

https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/las-caldas-94958639

https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/eirasvedras-68243248

Data límite para a inscripción

6 de decembro

Información útil

  • Comezo (lugar, hora…): Ponte Romana, 09:30.
  • Transporte: medios propios.
  • Material recomendado: Senderismo e baño termal. Bañador é obligatorio nas termas .

Requisitos para participar:

Ser socio/socia do clube e estar en posesión de licencia federativa vixente para esta actividade

Prezo:

A actividade é gratuíta.

Prazas limitadas (Requirirase un mínimo de 5 participantes para que a actividade se leve a cabo)

A inscrición non será válida se no momento de facela non se cumpren os requisitos de soci@ e federad@

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón