Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Sendeirismo Serra do Suído

  • Esta actividade xa finalizou.
Data: 27 Xullo
Categoría:

Actividade de sendeirismo polas carballeiras da serra do Suido ao redor do río Xesta.…

  • O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
  • Ata o Mércores 17 de Xullo podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura

Actividade compatible con https://www.clubalpinoourensan.es/actividade/kaiak-embalse-de-eiras/

Información útil

Comezo(lugar, hora…): Às 10pm. Area de lecer da hermida de San lourenzo en Liñares.

Desprazamento: O desprazamento realizarase en coches particulares.

Material recomendado: Roupa e calzado axeitado, gafas de sol, manta térmica, frontal, comida e auga, toalla e bañador opcional..

Pernocta: Os que vaian a participar na actividade do domingo tamén, a pernocta será en albergue no encoro de Eiras, levar saco.

Prezo: A pernocta entre 10-15€ con almorzo. A cea do sàbado(churrasco) 12€ aprox.

Información técnica

Andaina polo val do río Xesta, onde percorreremos parte das mellores carballeiras da serra do Suído e bosque de ribeira do río, teremos alguna que outra poza para darnos un chapuzón e veremos a fervenza de Liñares. A tardiña voltaremos os coches para dirixirnos ao albergue do encoro onde cearemos un bó churrasco e durmiremos.

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón