Arcos de Valdevez merece unha visita demorada en calquera época do ano, situado como está no Vale do Vez e na emblemática contorna do Parque Peneda Gerês, declarado pola Unesco Reserva Mundial da Biosfera. Unha das súas parroquias é Sistelo, que pode presumir de galardóns. Ademais de ser unha das 7 Maravilhas de Portugal na categoría de “Aldeias Rurais“, está catalogada Monumento e Sitio de Interese Nacional. Denominada “O pequeno Tíbet” pola súa similitude coa paisaxe deste país asiático, ten nos socalcos —bancales de cultivo que descenden polas ladeiras da montaña unha dos seus acenos de identidade. Ruta: O Pequeno Tíbet Portugués-Val do Vez-Aldea de Sistelo (Portugal) Distancia 15Km Desnivel : 810m https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/o-pequeno-tibet-portugues-val-do-vez-aldea-de- sistelo-portugal-74059770 Material recomendado: calzado lixeiro de montaña, roupa cómoda algo de abrigo e para a choiva (en función do tempo) ,gorrra, crema solar, auga e comida para pasar…
- O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
- Ata o Mércores 11 de Marzo podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura
![]() Arcos de Valdevez merece unha visita demorada en calquera época do ano, situado como está no Vale do Vez e na emblemática contorna do Parque Peneda Gerês, declarado pola Unesco Reserva Mundial da Biosfera. Unha das súas parroquias é Sistelo, que pode presumir de galardóns. Ademais de ser unha das 7 Maravilhas de Portugal na categoría de “Aldeias Rurais“, está catalogada Monumento e Sitio de Interese Nacional. Denominada “O pequeno Tíbet” pola súa similitude coa paisaxe deste país asiático, ten nos socalcos —bancales de cultivo que descenden polas ladeiras da montaña unha dos seus acenos de identidade.
|
Material recomendado:
calzado lixeiro de montaña, roupa cómoda algo de abrigo e para a choiva (en función do tempo) ,gorrra, crema solar, auga e comida para pasar o día.
Transporte:Coches particulares
Requisitos para participar: Ser socio/socia do clube e estar en posesión de licencia federativa vixente para esta actividade e ter os coñecementos necesarios e a forma física para poder realizala actividade
Prezo:A actividade é gratuíta.
Prazas limitadas(Requirirase un mínimo de 5 participantes para que a actividade se leve a cabo)
A inscrición non será válida se no momento de facela non se cumpren os requisitos de soci@ e federad@
Coordinador: Félix








