Varias actividades de senderismo polo entorno da serra de Gredos e Galayos.…
Varias actividades de senderismo polo entorno da serra de Gredos e Galayos. As actividades do xoves, venres e sábado están detalladas mais abaixo. O domingo decidirase in situ entre os participantes.
Inscripción
Data límite para a inscripción:
- Martes 23 de outubro mediante o correo [email protected]
- Mércores 24 de outubro no local do club ou por teléfono en horario de apertura
A partir desas datas se desexas inscribirte deberás xestionar a pernocta pola túa conta.
Importante: Se te inscribes por correo solicitase informar de se estás disposto/a a levar vehículo propio, prazas e cidade de saída, así como se se precisa material e que noites precisas aloxamento.
Información útil
Comezo(lugar, hora…): Lugar de quedada aún por determinar.
Desprazamento: O desprazamento realizarase en coches particulares.
Material recomendado: Roupa e calzado axeitado, gafas de sol, manta térmica, frontal, comida e auga, saco de durmir para o refuxio.
Pernocta: No albergue el Pilar de Gredos. http://www.elpilardegredos.com.
- Media Pensión: 28 €
- Só durmir: 18 €
Xoves
Ruta Entre Ríos
- horario3h’
- desnivel de subida300 m
- desnivel de baixada300 m
- distancia horizontal8km
- tipo de percorridoCircular
- severidade do medio natural2
- orientacion no itinerario2
- dificultade no desprazamento2
- cantidade de esforzo necesario2
Pequena ruta pola contorna da aldea de El Arenal para coñecer a zona e o río do mesmo nome. Será unha ruta realizada pola tarde despois de chegar e asentarnos no albergue.
Venres
El Arenal, Puerto de la Cabrilla, Puerto de El Arenal
- horario7h’
- desnivel de subida1148 m
- desnivel de baixada1148 m
- distancia horizontal21km
- tipo de percorridoCircular
- severidade do medio natural2
- orientacion no itinerario2
- dificultade no desprazamento2
- cantidade de esforzo necesario4
Ruta sen dificultade técnica a destacar ainda que de dificultade física media. Pásase por varias fontes durante o percorrido.
Saimos e chegamos da aldea de El Arenal, para gañar a serra de El Arenal polo Puerto de la Cabrilla a través de típicos sendeiros de montaña. A baixada, de novo cara a aldea realizarémola polo puerto de El Arenal.
Sábado
Ascensión a La Mira por Galayos
- horario4h’
- desnivel de subida1223 m
- desnivel de baixada0 m
- distancia horizontal6km
- tipo de percorridoIda
- severidade do medio natural3
- orientacion no itinerario3
- dificultade no desprazamento4
- cantidade de esforzo necesario3
Na información da ruta só esta contemplada a ida, quedaría a volta polo mesmo sitio, pero esta ruta ten a vantaxe de que ao ser de ida e volta podemos quedarnos polo camiño a esperar o regreso do grupo se imos demasiado cansados.
Clásica ascensión a La Mira polo abraiante val de Galayos. Iniciamos a ruta na plataforma de Nogal del Barranco, próxima ao municipio de Guisando. Desde alí sae un carreiro ben marcado que termina na zona que se coñece como La Apretura, chegando ao refuxio Victory, moi frecuentado por escaladores debido ás grandes paredes dos Galayos.
Desde aquí aínda nos queda algo máis da metade da rua ata a portilla que nos deixa na corda que sobe ata a Mira. Pouco antes de chegar arriba viraremos á esquerda para non chegar á falsa portilla e unha vez arriba viraremos un pouco á esquerda para encararnos coa última subida (esta con bastante menos pendente) que sobe ata a Mira 2.343m.