Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Sendeirismo río Xabrina (Mondariz)

  • Esta actividade xa finalizou.
Data: 9 Novembro
Categoría:

O percorrido transcorre polas marxes do río Xabrina. É un percorrido lineal duns 20 /25Km.  O desnivel que imos salvar son 500 m. Información útil : Comezo(lugar, hora…): Ás 10:00 desde as canchas deportivas que hai á beira da desembocadura do Xabriña en Mondariz – Balneario. https://maps.app.goo.gl/3B5hzVwsYmH6GnNg6 Desprazamento: O desprazamento realizarase en coches particulares. Material recomendado: Roupa…

  • O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
  • Ata o Mércores 06 de Novembro podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura

O percorrido transcorre polas marxes do río Xabrina. É un percorrido lineal duns 20 /25Km.  O desnivel que imos salvar son 500 m.

Información útil :
Comezo(lugar, hora…): Ás 10:00 desde as canchas deportivas que hai á beira da desembocadura do Xabriña en Mondariz – Balneario.

https://maps.app.goo.gl/3B5hzVwsYmH6GnNg6

Desprazamento: O desprazamento realizarase en coches particulares.

Material recomendado: Roupa e calzado axeitado, gafas de sol, manta térmica, frontal, comida e auga.

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón