Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Serra do Suido Vivac – 20/21 Maio

  • Esta actividade xa finalizou.
Comeza: 20 Maio
Finaliza: 21 Maio
Categoría:

Tràtase de facer dúas xornadas de sendeirismo, con vivac polo medio, na Serra do Suido, que forma parte da Dorsal Galega e posue unha riqueza paisaxistica, etnogràfica e faunistica salientables.…

  • O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
  • Ata o Mércores 17 de Maio podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura

Tràtase de facer dúas xornadas de sendeirismo, con vivac polo medio, na Serra do Suido, que forma parte da Dorsal Galega e posue unha riqueza paisaxistica, etnogràfica e faunistica salientables.

Descripción actividade

  • Sàbado 20 maio.
    • Sairemos de A Laxe cara o río Parada, adentraremos na fraga de Couso, baixaremos ata a a aldea de Eiroa e collendo altura chegariamos ata o miradoiro da fervenza e barranco de Casariños. Continuamos polos chozos do Corral do Porto, a Pedra de Abalar o Coto dos Ladróns. Finalmente baixaremos ata a carballeira de Pigarzos para o vivac.
    • Desnivel aproximado de 500m e uns 16km de distancia.
  • Domingo 21 maio.
    • Faremos o sendeiro do río Xesta pasando polas aldeas de Portomartiño e de Liñares onde veremos unha bonita fervenza. Ascenderemos ata o porto do Val de San Pedro dende onde contemplaremos a baixada ao val de Entrerríos e chegaremos o final da ruta con posible baño na praia fluvial de A Laxe se o tempo acompaña.
    • Desnivel de 200m e uns10km de distancia.

 

Data límite para a inscripción

17 de maio

Información útil

  • Comezo (lugar, hora…): Prza-aparcadoiro de Entrerríos, A Laxe (concello de Fornelos de Montes) às 09:30h
  • Transporte: vehículo particular.
  • Material recomendado: Esterilla, saco durmir, frontal, roupa adecuada, fornillo e comida para dous días.
  • Pernocta:
  • Outras recomendacións: Estar en boas condicións para o porteo da mochila por desniveis diferentes de monte.

Requisitos para participar:

Ser socio/socia do clube e estar en posesión de licencia federativa vixente para esta actividade

Prezo:

A actividade é gratuíta.

Prazas limitadas (Requirirase un mínimo de 5 participantes para que a actividade se leve a cabo)

A inscrición non será válida se no momento de facela non se cumpren os requisitos de soci@ e federad@

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón