Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Tavesía con vivac Macizo Occidental Picos de Europa (3-4 outubro)/Aprazada

  • Esta actividade xa finalizou.
Comeza: 3 Outubro
Finaliza: 4 Outubro
Categoría:

Travesía con vivac Macizo Occidental Picos (3-4 de outubro) Descripción xeral Actividade que pretende percorrer o corazón do Macizo Occidental de Picos de Europa, en autonomía e alcanzar algún dos seus cumes máis senlleiros (dependendo dos participantes barállase a ascensión do Peña Santa de Castilla, Torre de Santa María ou da Torrezuela). Comezo (lugar, hora…):…

  • O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
  • Ata o Luns 28 de Setembro podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura

Travesía con vivac Macizo Occidental Picos (3-4 de outubro)

Descripción xeral

Actividade que pretende percorrer o corazón do Macizo Occidental de Picos de Europa, en autonomía e alcanzar algún dos seus cumes máis senlleiros (dependendo dos participantes barállase a ascensión do Peña Santa de Castilla, Torre de Santa María ou da Torrezuela).

Comezo (lugar, hora…): Mirador del Tombo, Cordiñanes (7:00h) (Estase barallando a posibilidade de comenzar dende Caín)
Transporte Organizaranse os coches o venres día 2 en Ourense. Saída ás 16:00h ou 17:00h dende o pabellón dos Remedios

Pernocta Con motivo do Covid 19, a organización pensou en evitalo contacto con grandes grupos e o uso de espazos pechados, polo que non se usarán refuxios nin albergues. Cada quen é libre de xestionala pernocta do xeito que crea máis oportuno. A organización propón o seguinte: para a noite do venres ó sábado durmir nos soportais da igrexa de Posada de Valdeón, moi perto do punto de saída; tamén é posible pernoctar no aparcamento donde deixaremos os coches en Cordiñanes (pendente de confirmar a existencia de restricións nesas datas). Xa dentro do macizo vivaquearase no Jou Santo.

Material Material técnico: casco, arnés, descensor (tipo Reverso ou ATC), cordino para nós bloqueantes, mosquetóns de seguro, cabo de ancoraxe. (Todo o material técnico deberá estar homologado e en bo uso). Material xeral recomendado: botas ou zapatillas de trekking, prendas de abrigo, protección solar, mochila de 30-40L, cantimplora ou bolsa tipo camel (recomendable 2 L), barritas ou comida de ataque, alimentos para o vivac, fornelo (pola falta de auga na zoa é probable que teñamos que derreter neve para ter auga), frontal, saco de durmir, funda de vivac, esterilla, botiquín. Requisitos para participar Ter saído ó monte nas saídas do clube e atoparse en boa condición física. No caso de querer ascendela Peña Santa, ter feito algún “coñece a escalada” e por tanto saber encordarse e rapelar. Escalar de segundo de corda mínimo 6a ou de primeiro de corda V.

Horario previsto
Día 1: entre 6-8 h ata o punto de vivac dende Cordiñanes (4 horas dende Caín) e 4-5h subir e baixar do Torre Santa.
Día 2: entre 6-8 h.
Distancia:
Día1:12 Km (aprox) dende Cordiñanes ou 8Km (aprox) dende Caín.
Día 2: 13 Km (aprox)
Desnivel:
Día1: dende Cordiñanes 1.253 m (ata o vivac) e 1.736 m (ata o cume do Peña Santa)/dende Caín 1.653 m (ata o vivac) e 2.136 m (ata o cume do Peña Santa).
Día 2: 200m Día 1: 400m Día 2: 1.453m

Información técnica Actividade de montaña
DIA 1 Descripción da actividade a realizar Nesta ocasión ascenderemos ó corazón do Macizo Occidental pola Canal de Capozos (no caso que se decida subir pola canal de Mesones avisarase con antelación), que nos permitirá alcanzar o Puerto de Cuba e dende aquí introducirnos nese universo calizo tan impresionante do Macizo. Atravesaremos o Boquete e chegaremos ó Jou Santu, donde vivaquearemos. Dependendo do horario subirase a Peña Santa pola vía do Ojal (ou deixarase para o día seguinte). Primera ascensión: Jose María Boada y Bonifacio Sadia: “El Diablo de la Peña” en 1930. Dificultad: AD o AD- (máx III/III+). Desnivel aprox.: 350 m. Horario aprox.: 1h.30′-2h. De decidirse non subir ó Peña Santa por cuestións técnicas, subirase a Torre de Santa María pola “Grieta Rubia” (PD sup, máx II/II+). Primera ascensión: Paul Labrouche e Aymar d’Arlot de Saint Saud, 1891. Desnivel: 120m. Horario: 1h.

DIA 2 Descripción da actividade a realizar Regresaremos do Jou Santu polo paso da Forcadona, alcanzando Vega Huerta mirador incomparable da cara sur do Peña Santa de Castilla. Seguirémolo camiño do Burro, para descender pola canal do Perro e dirixirnos a Vega de Llos que franquearemos ata atopalo camiño que nos levará a Soto de Valdeón e a Posada de Valdeón. No suposto de non ascender o Peña Santa, ascenderemos a Torrezuela pola arista este (PD) dende a Horcada del Alba e alcanzaremos Vega Huerta pola Horcada de las Pozas. Info:
Miguel Ángel Adrados. 1997. Ascensiones a las cumbres principales y 20 travesías selectas. 2ª edición. http://jarguelles0022.blogspot.com/2017/10/pena-santa-por-la-via-del-ojal-ruta.html http://www.foropicos.net/viewtopic.php?t=25664

Coordinador: Manuel Veiga Contacto: [email protected]
Sección: Montaña/Escalada

*AVISO IMORTANTE:Pola situación actual na que nos atopamos, as actividades poderán ser modificadas ou canceladas dun día para outro.
Agradecemos a vosa comprensión

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón