Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Travesía con vivac en Somiedo

  • Esta actividade xa finalizou.
Comeza: 22 Xuño
Finaliza: 23 Xuño
Categoría:

SOMIEDO, dous días de travesía de montaña con vivac. Ascensión pola pouca frecuentada cresta dos Careizales até o teito do parque (El Cornón) e volta pola fotoxénica braña de “La Pornacal”.…

  • O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
  • Ata o Mércores 19 de Xuño podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura

Imaxe Victor Barro

Información útil

Comezo(lugar, hora…): Saída as 9.30h de Corés (perto de Vilar de Vildas)

Desprazamento: En vehículos particulares hasta Corés. Deixaremos un vehículo en Vilar de Vildas.

Material recomendado: Actividade de 2 días en autonomía total.
Esterilla, saco, comida e o preciso para o vivac. Roupa axeitada a climatoloxía. Calzado de montaña impermeable e pechado. Non se precisa material invernal pero si “acaso” Pastillas ou líquidos potabilizadores de auga.

Pernocta: En vivac. Haberá auga no lugar da pernocta.

Requisitos: Boa condición física e mental. Experiencia en terreo de aventura pouco transitado e pendentes pronunciadas.

Información técnica

Actividade sábado

Corés – Fonte de la Paredona | Sábado

  • horario8h’
  • desnivel de subida1000 m
  • desnivel de baixada700 m
  • distancia horizontal15 km
  • tipo de percorridoTravesía
  • severidade do medio natural3
  • orientacion no itinerario3
  • dificultade no desprazamento3
  • cantidade de esforzo necesario3

Condicións en Tres estacións, tempos estimados segundo criterio MIDE, sen paradas.

Calculado sobre datos de 2017.

Ascensión desde Corés (750 m) ata o Pico de la Fana (1.538 m) rodeando o área de uso restrinxido do Monte Bocibron. Desde aquí seguir a cresta ata o Tableiros (1.799 m), Fanarrionda (1.890 m), o Cogollu (1.965 m) e o Cogollu Cebolleu (2.084 m) onde descendemos ata os carreizales e a fonte da paredona (1.743). 15 km aproximadamente.

Actividade domingo

Fonte de la Paredona – Vilar de Vildas | Domingo

  • horario8h’
  • desnivel de subida800 m
  • desnivel de baixada1200 m
  • distancia horizontal14 km
  • tipo de percorridoTravesía
  • severidade do medio natural4
  • orientacion no itinerario3
  • dificultade no desprazamento4
  • cantidade de esforzo necesario3
  • pasos de escaladaII+

Condicións en Tres estacións, tempos estimados segundo criterio MIDE, sen paradas.

Calculado sobre datos de 2017.

Ascensión ao Cornón (2.188 m) pola súa pouco frecuentada cresta occidental (3,5-4 km a cume) e descenso por Peña Bermeja e a lagoa de Fontarente. Gañando o val e pasando pola Braña da Pornacal (1.200 m) ate Vilar de Vildas (850 m). 14 km aproximadamente.

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón