Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Travesía con vivac Macizo Occidental Picos (23-24 de outubro)

  • Esta actividade xa finalizou.
Comeza: 23 Outubro
Finaliza: 24 Outubro
Categoría:

Travesía con vivac Macizo Occidental Picos (23-24 de outubro)  Travesía con vivac Macizo Occidental Picos (23-24 de outubro) Descripción xeral Actividade que pretende percorrer o corazón do Macizo Occidental de Picos de Europa, en autonomía e alcanzar algún dos seus cumes máis senlleiros a Torre Santa de Castilla. Información útil Comezo (lugar, hora…): Caín Transporte Organizaranse os coches o venres día 22 en…

  • O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
  • Ata o Xoves 01 de Xaneiro podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura

Travesía con vivac Macizo Occidental Picos (23-24 de outubro) 

Travesía con vivac Macizo Occidental Picos (23-24 de outubro)

Descripción xeral
Actividade que pretende percorrer o corazón do Macizo Occidental de Picos de Europa, en autonomía e alcanzar algún dos seus cumes máis senlleiros a Torre Santa de Castilla.

Información útil
Comezo (lugar, hora…): Caín

Transporte
Organizaranse os coches o venres día 22 en Ourense. Saída ás 16:00h ou 17:00h dende o pabellón dos Remedios de Ourense.
Pernocta
Con motivo do Covid 19, a organización pensou en evitalo contacto con grandes grupos e o uso de espazos pechados, polo que non se usarán refuxios nin albergues. Cada quen é libre de xestionala pernocta do xeito que crea máis oportuno. A organización propón o seguinte: para a noite do venres ó sábado durmir nos soportais da igrexa de Posada de Valdeón, moi perto do punto de saída; tamén é posible pernoctar no aparcamento de Cordiñanes (pendente de confirmar a existencia de restricións nesas datas). Xa dentro do macizo vivaquearase no Jou Santo.
Material
Material técnico: casco, arnés, descensor (tipo Reverso ou ATC), cordino para nós bloqueantes, mosquetóns de seguro, cabo de ancoraxe. (Todo o material técnico deberá estar homologado e en bo uso).

Material xeral recomendado: botas ou zapatillas de trekking, prendas de abrigo, protección solar, mochila de 30-40L, cantimplora ou bolsa tipo camel (recomendable 2 L), barritas ou comida de ataque, alimentos para o
vivac, fornelo (pola falta de auga na zoa é probable que teñamos que derreter neve para ter auga), frontal, saco de durmir, funda de vivac, esterilla, botiquín.

Requisitos para participar
Atoparse en boa condición física. No caso de querer ascendela Peña Santa, ter feito algún “coñece a escalada” e participar nas actividades de Compromiso Alpino. Saber encordarse e rapelar, escalar de segundo de corda mínimo 6a ou de primeiro de corda V.
Horario previsto:
Día 1: ata o punto de vivac dende Caín 4 horas e 4-5h subir e baixar do Torre Santa.
Día 2: entre 6-8 h.

Distancia:
Día1:8Km (aprox) dende Caín.
Día 2: 13 Km (aprox)

Desnivel (+)
Día1: dende Caín 1.653 m (ata o vivac) e 2.136 m (ata o cume do Peña Santa).
Día 2: 200m

Desnivel (-)
Día 1: 400m
Día 2: 1.453m

Información técnica
Actividade de montaña
DIA 1
Descripción da actividade a realizar
Nesta ocasión ascenderemos ó corazón do Macizo Occidental pola canal de Mesones,que nos permitirá alcanzar ese universo calizo tan impresionante do Macizo.
Atravesaremos o Boquete e chegaremos ó Jou Santu, donde vivaquearemos.
Dependendo do horario subirase a Peña Santa pola vía do Ojal (ou deixarase para o día seguinte). Primera ascensión: Jose María Boada y Bonifacio Sadia: “El Diablo de la Peña” en 1930. Dificultad: AD o AD- (máx III/III+). Desnivel aprox.: 350 m. Horario aprox.: 1h.30′-2h.
De decidirse non subir ó Peña Santa por cuestións técnicas, subirase a Torre de Santa María pola “Grieta Rubia” (PD sup, máx II/II+). Primera ascensión: Paul Labrouche e Aymar d’Arlot de Saint Saud, 1891. Desnivel: 120m. Horario: 1h.

DIA 2
Descripción da actividade a realizar
Regresaremos do Jou Santu polo paso da Forcadona, realizando unha circular ó Peña Santa para volver novamente pola canal de Mesones.

Info:
Miguel Ángel Adrados. 1997. Ascensiones a las cumbres principales y 20 travesías selectas. 2ª edición.
http://jarguelles0022.blogspot.com/2017/10/pena-santa-por-la-via-del-ojal-ruta.html
http://www.foropicos.net/viewtopic.php?t=25664

Requisitos para participar:
Ser socio/socia do clube e estar en posesión de licencia federativa vixente para esta actividade

Adxuntar na inscrición cuberto e firmado o seguinte formulario COVID:

FORMULARIO_____DECLARACIÓN_RESPONSABLE_FGM_ORGANIZACIÓN-DEPORTISTAS (1)
Prezo:A actividade é gratuíta.

Prazas limitadas

A inscrición non será válida se no momento de facela non se cumpren os requisitos de soci@ e federad@

*AVISO IMORTANTE:Pola situación actual na que nos atopamos, as actividades poderán ser modificadas ou canceladas dun día para outro.

O número de participantes poderá verse modificado por cambios na normativa Covid da zona onde se vaia a realizar a actividade, nese caso, respectarase en todo monento a orde de inscrición.
Agradecemos a vosa comprensión

Coordinador: Manuel Veiga
Contacto: [email protected]
Sección: Montaña/Escalada.

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón