Descripción A actividade consta de dúas partes: unha travesía de 3 días que dará comezo o día 31 de Outubro en San Emiliano ás 9:30 (de xoves a sábado) e 1 día (domingo día 3/11) de escalada na escola de Rabanal de Luna, a 10 min de San Emiliano (en función do grupo que se…
Inscripción
As prazas para participar na actividade son limitadas cubríndose por riguroso orde de inscripción e/ou confirmación.
Data límite para a inscripción:
- Mércores 23 de Outubro mediante formulario web
Descripción
A actividade consta de dúas partes: unha travesía de 3 días que dará comezo o día 31 de Outubro en San Emiliano ás 9:30 (de xoves a sábado) e 1 día (domingo día 3/11) de escalada na escola de Rabanal de Luna, a 10 min de San Emiliano (en función do grupo que se forme poderemos valorar otras opcións).
A travesía poderá verse modificada en función da meteo que teñamos para esos días, pero, en principio as etapas serían:
- Día 1 (31/10): 16,3km.e 1.000m. de desnivel +. Saída de San Emiliano, ascensión pico Morro Negro ( 2.151m) e pernocta a carón da cabana Meroquil (1.611m.).
- Día 2 (01/11): 13,3km. e 1.000m. de desnivel +. Saída dende a cabana Meroquil e ascensión ó Pico Calabazosa (2.124m) e seguiremos todo o cordal (Pico Blanco, Cueto Crespo,Muria Brava, ata o Peña Orniz (2.191m). Dende Peña Orniz descenderemos ata a lagoa das Verdes, e o tempo o permite, ascenderemos ó Montihuero. A pernocta farémola a carón do refuxio da Majada das Verdes.
- Día 3 (02/11): Refuxio Majada das Verdes – San Emiliano 16,3km. 900m desnivel -.300+. Ruta sen complicacións.
Ó chegar a San Emiliano, cada quen terá a súa pernocta organizada (hoteis e o refuxio de Torrebarrio, como suxerencias).
O último día, domingo 03/11, pasaremos a mañá na escola de escalada de Rabanal de Luna ou o que acordemos entre as interesadas na actividade.
Fin de actividades.
Data límite para a inscripción
23-10-2024 20:00h
Información útil
- Comezo (lugar, hora…): San Emiliano, día 31/10 ás 09:30
- Transporte: Vehículos particulares.
- Material recomendado:
- Ó tratarse dunha travesía o material recomendado é botas de montaña, chaqueta imperneabel, plumífero, mudas de calcetíns, saco, roupa térmica, funda vivac ou tenda,bastóns…..e comida para os 3 días de travesía (2 almorzos, 3 comidas e 3 ceas). Lembrade levar pastillas potabilizadoras para recoller auga.
- Pernocta:
- Sí. Dúas noites de vivac e 1 noite en San Emiliano que teredes que buscar pola vosa conta
Mais Info:
- Descripción da comarca de Babia:
- Parece que a montaña leonesa nos atrapa e non nos deixa sair de ela, cousa da que estou encantada. Desta volta retomamos a actividade na zona de Babia.
A comarca de Babia, con multitude de picos que superan os 2.000m, sitúase ó norte da provincia de León. É un espazo natural declarado Reserva da Biosfera pola Unesco en 2004 e LIC pola biodiversidade de flora e fauna (rebeco, venado, corzo, xabarín…) silvestres. Os seus pastos serviron ós rebaños de ovellas que se traladaban dende Extremadura (transhumancia). - Ligazóns:
- Parece que a montaña leonesa nos atrapa e non nos deixa sair de ela, cousa da que estou encantada. Desta volta retomamos a actividade na zona de Babia.
- Descripción da comarca de Babia:
Requisitos para participar:
- Ser socio do clube e estar en posesión de licencia federativa vixente para esta actividade.
- Ser autónomas en actividades de varios días na montaña.
Prezo:
- Actividade é gratuíta.
Prazas limitadas (Requirirase un mínimo de 5 participantes para que a actividade se leve a cabo)
A inscrición non será válida se no momento de facela non se cumpren os requisitos de soci@ e federad@
Coodinadora:
- Nina Liceras
- Calquera dúbida que teñades podedes escribir por whatsapp. Os que non se podan incorporar o día 31, podedes tamén contactar do mesmo xeito.
- As actividades poderán ser modificadas e cambiadas por outras ou anulando a saída se a meteoroloxía non acompaña.