Descripción Propoñemos unha fin de semana desfrutando da travesía con vivac na integral de Ancares. Saíndo do aparcamento do Refuxio de Ancares, tomaremos rumbo ao cordal pasando polo refuxio de Brego e a campa de Tres Bispos para subir ao pico do mesmo nome e dende alí entrar no cordal pasando polos picos Penedois, Charcas,…
- O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
- Ata o Mércores 27 de Maio podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura

Descripción
Propoñemos unha fin de semana desfrutando da travesía con vivac na integral de Ancares.
Saíndo do aparcamento do Refuxio de Ancares, tomaremos rumbo ao cordal pasando polo refuxio de Brego e a campa de Tres Bispos para subir ao pico do mesmo nome e dende alí entrar no cordal pasando polos picos Penedois, Charcas, Corno Maldito, Lagos, Mustallar, Penalonga, Cuíña e Miravalles, para baixar ata Balouta e alí coller o taxi que nos devolverá a punto de inicio.
Haberá algún paso aéreo e pequenas trepadas e destrepadas polo que é importante saber manexarse nestes terreos xa que levamos mochilas de travesía ao lombo.
Data límite para a inscripción
27 de mayo 2026
Información útil
- Comezo (lugar, hora…): Saída o sábado ás 9:00h dende o aparcamento do Refuxio de Ancares (Degrada).
- Transporte: Vehículos particulares.
- Material recomendado:
- Trátase dunha travesía de dous días con un vivac no cordal polo que hai que levar saco, esterilla, frontal, comida para dous días, auga, roupa e calzado axeitado e todos aqueles accesorios que cada quen considere.
Requisitos para participar:
- Ser socio do clube e estar en posesión de licencia federativa vixente para esta actividade.
Prezo:
- Actividade é gratuíta.
Prazas limitadas (Máximo de 5 participantes para que a actividade se leve a cabo)(se houbera apoio de máis persoas con experiencia poderían apuntarse máis persoas).
A inscrición non será válida se no momento de facela non se cumpren os requisitos de soci@ e federad@
Organizan: dúas Meighas do club Alpino Ourensán.







