Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Travesía de outono. Portela do Homen – Mata de Alberguería – Pico do pé do Cabril

  • Esta actividade xa finalizou.
Data: 19 Novembro
Categorías: ,

Actividade organizada pola Sección de Veteranos do club pola zona do Xurés na que ascenderase o Pé do Cabril, un dos picos mais espectaculare das montañas do Gêres.…


Data límite para anotarse
Mércores 15 de novembro
Lugar xeral
O Xurés
Pernocta
Medios de transporte
Medios propios (vehículo particular)/Autobús

Apúntate en [email protected] ou no local do club.

Actividade organizada pola Sección de Veteranos do club pola zona do Xurés na que ascenderase o Pé do Cabril, un dos picos mais espectaculare das montañas do Gêres.

Material recomendado
Roupa e calzado axeitado, comida, bebida, frontal, manta térmica,casco, arnés, cabo de ancoraxe, e se se realiza o rapel, descendedor.

Saída

07:30 h dendo a escaleiras do edificio politécnico do Campus das Lagoas.
Estase a xestionar un microbús para a actividade (informarase en breve deste tema).

Pe do Cabril

Portela do Homen – Pe do cabril

  • horario6
  • desnivel de subida800m
  • desnivel de baixada800m
  • distancia horizontal16 km
  • tipo de percorridoCircular
  • severidade do medio natural2
  • orientacion no itinerario2
  • dificultade no desprazamento4
  • cantidade de esforzo necesario3

Condicións en Tres estacións, tempos estimados segundo criterio MIDE, sen paradas.

Calculado sobre datos de 2016.

Realizarase unha ruta saindo de Portela do Homen onde nos internaremos nunha das fragas mais potentes do parque nacional Peneda-Gêres, ascendendo finalmente o pico do Pe do cabril, que presenta algunhas dificultades na sua parte final (trepadas). Para descender do mesmo realizarase un rápel.

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón