Travesía do alto Cornión (6-7 de xullo) Descripción xeral Actividade de envergadura que nos levará por un sin fin de cumes no corazón do Macizo Occidental de Picos de Europa, en autonomía e tratando de finalizala no Torre Santa de Castilla. Vivaquearase no propio cordal ou no Jou Santu, segundo a velocidade das cordadas. Información…
- O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
- Ata o Venres 28 de Xuño podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura
Travesía do alto Cornión (6-7 de xullo)
Descripción xeral
Actividade de envergadura que nos levará por un sin fin de cumes no corazón do Macizo Occidental de Picos de Europa, en autonomía e tratando de finalizala no Torre Santa de Castilla. Vivaquearase no propio cordal ou no Jou Santu, segundo a velocidade das cordadas. |
Información útil
Comezo (lugar, hora…): | Pan de Carmen |
Transporte e pernocta | Pódese durmir nos parkings habilitados para furgonetas existentes en Covadonga, xusto antes de empezala estrada de subida ós lagos. Non se pode subir ós Lagos dende Covadonga en vehículos particulares, nestas datas, polo que hai que solicitar unha autorización na FEMPA como mínimo 5 días antes. En Pan de Carmen a normativa do Parque non permite a pernocta. Tamén, o que queira, pode subir a dormir ó refuxiodeVegarredonda (http://www.refugiovegarredonda.com/haz-tu-reserva). Xa dentro do macizo vivaquearase no Jou Santo ou no propio cordal. |
Material | Material técnico: casco, arnés, descensor (tipo Reverso ou ATC), cordino para nós bloqueantes, mosquetóns de seguro, cabo de ancoraxe. (Todo o material técnico deberá estar homologado e en bo uso). Por cordada: 2 cordas de 50-60m ou unha de triple homologación (50m son suficientes, son necesarios para os rápeles pola Torre de Enmedio; para o resto do percorrido resolveríase con 40m ou 30m), catro mosquetóns de seguro para reunións, 2 cintas de reunión, cordinos longos para abandonar e substituír instalacións; 6 cintas, aliens (azul, verde, amarelo e vermello) e camalots (0,5, 0,75 e 1), material de aseguramento e gatos. Material xeral recomendado: botas ou zapatillas de trekking, prendas de abrigo, protección solar, mochila de 30-40L, cantimplora ou bolsa tipo camel , barritas ou comida de ataque, alimentos para o vivac, fornelo (é probable que teñamos que derreter neve para ter auga), frontal, saco de durmir, funda de vivac, esterilla, botiquín. |
Requisitos para participar | É necesario inscribirse por cordadas. Atoparse en boa condición física. Ter participado nas actividades de Compromiso Alpino ou ser autosuficiente na progresión por crestas encordados. Escalar de segundo de corda mínimo V+ e de primeiro de corda 6a |
Horario previsto Distancia Desnivel (+) Desnivel (-) | Día 1: ata o punto de vivac, dende Pan de Carmen o redor de 12-14 h. Día 2: entre 5 – 10h, segundo se suba a Torre Santa. Día1: 8 Km (aprox) dende Pan de Carmen. Día 2: 7-9 Km (aprox) ata Pan de Carmen Día1: dende Pan de Carmen ata o vivac pode variar pero ó redor de 1400 m. Día 2: segundo a ubicación do vivac pero mínimo 400m se subése o Peña Santa. Día 1: 200 – 400m Día 2: 1200 – 1400m ata Pan de Carmen |
Información técnica
Actividade de montaña
DIA 1
Descripción da actividade a realizar
Nesta ocasión ascenderemos ó corazón do macizo Occidental pola cresta do Cornión, que faranos pasar polo Refuxio de Vegarredonda, a Llampa Cimera e seguindo en direción ó collado da Fragua e as Barrastrosas, comenzando neste punto a cabalgar pola Cresta dos Argaos, Cresta das Torres de Cebolleda, Aguja de Gua, Torre de Santa María, Torre de la horcada y la Torre de Enmedio, donde probablemente, antes ou despois de este último cume, vivaquearemos. Dificultade: IV+/V (dúas seccións, unha para alcanzar a 3ª Torre de Cebolleda e outra no espolón Oeste da Torre de Santa María). |
DIA 2
Descripción da actividade a realizar
Alcanzar a cresta de las Tres Marías, a Torre del Torco e descender e valorar o ascenso á Torre Santa. Retornaremos polo Jou Santu ata empatar coa ruta normal de acceso polas Barrastrosas. Dificultade: IV+ (no ascenso a Tercera María) |
Info:
Miguel Ángel Adrados. 1997. Ascensiones a las cumbres principales y 20 travesías selectas. 2ª edición. https://msalvads.blogspot.com/2013/08/cresterio-de-los-argaos-cebolledas-y.html https://infofanatic.blogspot.com/2013/10/tres-aristas-del-cornion-en-el-dia.html |
Data límite de inscrición : venres 28 xuño 19:30h Transporte:Coches particulares Requisitos para participar: Prezo:A actividade é gratuíta. Prazas limitadas(Requirirase un mínimo de 5 participantes para que a actividade se leve a cabo) A inscrición non será válida se no momento de facela non se cumpren os requisitos de soci@ e federad@ Coordinador: Manuel Veiga, socio e federado do Clube Alpino Ourensán, non é guía titulado, nin se dedica profesionalmente a este ámbito, non cobra polas actividades propostas ou coordinadas xa que non ten unha titulación regulada para poder facelo, pero si presenta unha amplia experiencia como afeccionado no eido da montaña e profesionalmente no campo da docencia. Gosta de adicar certo tempo de lecer a compartir experiencias na montaña cos amigos do CAM baixo a consideración dun guiado benévolo. Contacto: [email protected] Sección: Montaña/Escalada. |