Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Travesía integral Este – Oeste Peña Santa de Castilla (20 e 21 de xuño)

Comeza: 20 Xuño
Finaliza: 21 Xuño
Categorías: ,

Descripción Actividade de envergadura que pretende percorrer a aresta que debuxa o Peña Santa de Castilla de Este a Oeste o que supón uns 2 km de distancia, dende os portos de Cuba e a Forcada Alta dos Llambriales. Actividade que supón escalar, destrepar, rapelar e orientarse neste terreo de xogo calizo, sempre por riba…

  • O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
  • Ata o Mércores 03 de Xuño podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura

Descripción

Actividade de envergadura que pretende percorrer a aresta que debuxa o Peña Santa de Castilla de Este a Oeste o que supón uns 2 km de distancia, dende os portos de Cuba e a Forcada Alta dos Llambriales.

Actividade que supón escalar, destrepar, rapelar e orientarse neste terreo de xogo calizo, sempre por riba dos 2000m.

Data límite para a inscripción

  • 16 de xuño 2026 o ata cubrir as 9 prazas

Información útil

  • Comezo (lugar, hora…): Soto de Valdeón/ Vega Huerta
  • Transporte: Vehículos particulares.
  • Material recomendado:
    • Material técnico: casco, arnés, descensor/asegurador (tipo Reverso ou ATC), cordino para nós bloqueantes, 4 mosquetóns de seguro, cabo de ancoraxe. (Todo o material técnico deberá estar homologado e en bo uso). Por cordada: 1 corda de 60 m de triple homologación (necesario facer un rápel de 40 metros no comezo da arista Este – necesario xuntarse ou levar dobre corda ou cordino auxiliar – o resto de descensos con 30 m son suficientes), 2 cintas de reunión, cordinos longos para abandonar; 4-5 cintas, totems (0,5, 0,75, 1, e 2), BD (C3 de camalot) e gatos.
    • Material xeral recomendado: botas ou zapatillas de trekking, prendas de abrigo, protección solar, mochila de 30-40L, cantimplora ou bolsa tipo camel , barritas ou comida de ataque, alimentos para o vivac, fornelo, frontal, saco de durmir, funda de vivac, esterilla, botiquín. Existe un punto de auga na propia Vega.
  • Pernocta:
    • A idea sería subir no mesmo día que cheguemos ata Vega Huerta, para vivaquear. En Vega Huerta, existe un pequeno refuxio/vivac aberto para 6-8 prazas, podería estar ocupado, polo que é necesario subir material de vivac. Tamén, se a meteo non colabora, existe unha cova/vivac nas inmediacións de Vega Huerta, nas faldas das Torres de Cotalbín.

Requisitos para participar:

      • Ser socio do clube e estar en posesión de licencia federativa vixente para esta actividade.

    É necesario inscribirse por cordadas. Atoparse en boa condición física. Ter participado nas actividades de Compromiso Alpino ou ser autosuficiente na progresión por crestas encordados. Escalar de primeiro de corda mínimo V+/6a.

Horario Previsto:

  • Día -1: Acercamento dende Soto de Valdeón, pasando pola Vega de Llos, superando a canal do Perro e o camiño do Burro; faranos enredar e sudar durante unhas 3-4 horas.
  • Día D: Dende Vega Huerta a pe de vía 1 hora + 5–6 horas a cresta E + 3-4 horas descenso pola cresta Oeste.
  • Día+1: Descenso a Soto de Valdeón e regreso.

Prezo:

  • Actividade gratuíta.

Información técnica:

Podedes descargar a info con todas as actividades propostas da seguinte ligazón: Información Técnica Travesía Peña Santa

Prazas limitadas – 9 persoas , as prazas se cubrirán por riguroso orde de inscricción .

Coordinador:

Manuel Veiga, socio e federado do Clube Alpino Ourensán, non é guía titulado, nin se dedica profesionalmente a este ámbito, non cobra polas actividades propostas ou coordinadas xa que non ten unha titulación regulada para poder facelo, pero si presenta unha amplia experiencia como afeccionado no eido da montaña e profesionalmente no campo da docencia. Gosta de adicar certo tempo de lecer a compartir experiencias na montaña cos amigos do CAM baixo a consideración dun guiado benévolo.

Contacto:

[email protected]

Sección:

Montaña/Escalada.

A inscrición non será válida se no momento de facela non se cumpren os requisitos de soci@ e federad@

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón