Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Travesía k1-Cubelas

  • Esta actividade xa finalizou.
Comeza: 7 Abril
Finaliza: 8 Abril
Categoría:

A sección de espeleoloxía organiza unha actividade nas Cavidades K1 e Cubelas.
Dificultade media-baixa. As dificultades da cavidade radican nunha chimenea trepable de 10 metros e nun pozo de 18 metros. …


A sección de espeleoloxía organiza unha actividade nas Cavidades K1 e Cubelas.
Ao finalizar a actividade o domingo, regresarase a Ourense pola tarde, entre as 19:00 e as 20:00.
Dificultade media-baixa. As dificultades da cavidade radican nunha chimenea trepable de 10 metros e nun pozo de 18 metros.

A pernocta será no refuxio da FGE preto da cavidade.

Inscripción: Data límite para a inscripción:

  • Sábado 31 de marzo

Importante: Se te inscribes por correo solicitase informar de se estás disposto/a a levar vehículo propio, prazas e cidade de saída, así como se se precisa material.

Saída(lugar, hora…): Enfronte da cafetería Lux, na zona do edificio politécnico do Campus de Ourense ás 08:00 horas osábado. Dende ahí organizaranse os vehículos para saír cara o comezo da actividade.

Desprazamento: O desprazamento realizarase en coches particulares.

Requisitos: Coñecementos de iniciación en espeloloxía (curso de iniciación á espeleoloxía).

Material recomendado: mono exterior, botas, casco con iluminacion, luvas, roupa termica, manta termica, equipo de progresion vertical, comida e auga para a actividade, baterias de reposto, roupa para cambiarse.

Os que desexen pernoctar no refuxio tamén saco de durmir, esterilla e comida. O refuxio dispon de cociña completamente equipada e duchas con auga quente.

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón