Travesía Picos de Europa: 15-16 outubro Circular de dous días polo macizo central de Picos de Europa, ascendendo o Friero e Torre Salinas, con vivac na fermosa vega de Liordes. Se o tempo e as forzas acompañan, pódese ascender algún dos cumios que cerran a Vega de Liordes cara o sur, dende Peña Remoña ata…
- O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
- Ata o Mércores 12 de Outubro podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura
Travesía Picos de Europa: 15-16 outubro
Información útil
Comezo (lugar, hora…):O punto de encontro será no aparcamento superior de Cordiñanes, o sábado ás 7 h da mañá. Dende aí levaremos varios coches ata a curva de cabañedo, no km 14 da estrada que sube ao porto de Pandetrabe. (uns 15 minutos).
Transporte: En vehículos particulares
Material recomendado:
Roupa de abrigo, material para vivac (esterilla, saco e funda de vivac), botas de montaña, casco, comida para dous días e recipiente para auga. MOI RECOMENDABLE PASTILLAS POTABILIZADORAS, en Liordes hai auga pero moito gando.
Pernocta:Do venres ao sábado, no aparcamento de Cordiñanes. Do sábado ao domingo, vivaquearemos na vega de Liordes
Requisitos para participar: É unha actividade moi esixente fisicamente, polo desnivel e pola carga que hai que levar. Ademais hai que estar afeito ás trepadas en montaña.
Desnivel: 1200 m positivos (se solo se ascende o Friero), e 500 negativos ata a Vega. Distancia: sobre 9 km ata a Vega de Liordes. |
Ascensión dende a curva de cabañedo pola canal da Chávida, ata o collado do mesmo nome, onde se poden deixar as mochilas. Dende aí, ascenderemos o Friero pola cara sur, onde haberá que realizar algún paso de trepada. Baixada pola vertente norte ata o ombreiro, onde se vira ao este para volver ao collado. Unha vez recuperadas as mochilas, descenderemos ata a Vega de Liordes, onde se montará o vivac. Se hai tempo e gañas pódese ascender o Peña Remoña, a máis oriental das Peñas Cifuentes, dende onde se pode ver FuenteDe e o val que cae cara a Potes. |
Desnivel 570 m positivos para o ascenso a Torre Salinas (2h e media aproximadamente), e 1200 negativos ata os coches. Distancia: 5 km subir e baixar a Torre Salinas, e aproximadamente outros 4 km de baixada ata os coches. |
Dende Vega de Liordes ascendemos a tiro Pedabejo, onde deixamos as mochilas. Dende este punto, collemos a aresta este ao Torre Salinas, unha cresta moi estética que ascende suavemente ata o cumio sen grandes dificultades. Descenso pola normal ata voltar a Tiro Pedabejo. Dende alí, descenso pola canal de Pedabejo ata collado Remoña, onde tomaremos a senda do mercadillo, que nos levará directamente ata o punto de inicio. |
Prezo:A actividade é gratuíta
Prazas limitadas(Requirirase un mínimo de 5 participantes para que a actividade se leve a cabo)
A inscrición non será válida se no momento de facela non se cumpren os requisitos de soci@ e federad@
Coordinadores:Maite e Antón