A actividade é unha preciosa circular. Comeza subindo desde Buedia a Portos de Agüería, unha das zonas máis frondosas e bonitas de Ubiña, pasando xunto aos paredones do Pachon e Ranchón que desde aquí móstranse espectaculares.
Ademais, o segundo día coróanse 5 picos de máis de 2000 metros, cunha vista pouco habitual da vertente norte do macizo. A actividade culmina cun espectacular faial, que con sorte empezará a ter aspecto outonal.…
- Data límite para anotarse
- Mércores 4 de outubro
- Lugar xeral
- Macizo de Ubiña
- Pernocta
- Vivac
- Medios de transporte
- Medios propios (vehículo particular)
Apúntate en [email protected] ou no local do club.
A actividade é unha preciosa circular. Comeza subindo desde Buedia a Portos de Agüería, unha das zonas máis frondosas e bonitas de Ubiña, pasando xunto aos paredones do Pachon e Ranchón que desde aquí móstranse espectaculares.
Ademais, o segundo día coróanse 5 picos de máis de 2000 metros, cunha vista pouco habitual da vertente norte do macizo. A actividade culmina cun espectacular faial, que con sorte empezará a ter aspecto outonal.
Lugar e hora de quedada: O sábado ás 08:00 horas enfronte ao Pavillón de deportes, ou ás 11:30 horas no Puerto Ventana.
Auga:
Información de pernocta: Realizarase un vivac pola zona de puertos de aguería.
Material recomendado: Botas e roupa axeitada, Frontal, Manta térmica, Saco de durmir, Esterilla, Gafas de sol , auga, comida
Sábado. De Ricabo Puertos de Agüería.
Ricabo a Puertos de Agüería
- horario3
- desnivel de subida900 m
- desnivel de baixada100 m
- distancia horizontal7 km
- tipo de percorridoCircular
- severidade do medio natural3
- orientacion no itinerario3
- dificultade no desprazamento3
- cantidade de esforzo necesario2
Comezaremos a actividade na aldea de Ricabo, lugar dende o que tomando dirección sur polo Monte Runeiro chegaremos ata a zona de vivac (Puertos de Agüería).
Como extra, e se algúen se anima poderase realizar a ascensión ao Peña Rueda.
Non se prevén pasos de escalada nin rápeles na actividade.
Domingo. Puertos de Aguería a Ricabo.
Puertos de Aguería a Ricabo.
- horario9
- desnivel de subida1000 m
- desnivel de baixada1700 m
- distancia horizontal13 km
- tipo de percorridoCircular
- severidade do medio natural4
- orientacion no itinerario4
- dificultade no desprazamento3
- cantidade de esforzo necesario4
Dende os Puertos de Agüería subiremos polo Canalon Bajero collendo a cordal no pico La Cigacha, dende aquí, e seguindo polo cordal realizaranse os picos El Pachon, El Ranchon y Huertos del Diablo Sur y Norte descendendo pola Vega de Socellares ata un precioso faial para proseguir por un impresionante desfiladeiro, o val de La Foix, ata atoparnos de novo onde tiñamos estacionados os coches.
Non se prevén pasos de escalada nin rápeles na actividade.