Na seguinte ligazón tendes toda a información (PDF – Ficha da Actividade): Ubiña 31 xaneiro 1 febreiro Descripción Toca aproveitar a chegada do inverno e poder gastar ese material ultralixeiro que nos compramos pensando en grandes xestas. Pois este finde, a idea e xuntarse e sair a explorar a montaña, enredar como a min me gusta…
- O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
- Ata o Mércores 28 de Xaneiro podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura
Na seguinte ligazón tendes toda a información (PDF – Ficha da Actividade): Ubiña 31 xaneiro 1 febreiro
Descripción
Toca aproveitar a chegada do inverno e poder gastar ese material ultralixeiro que nos compramos pensando en grandes xestas. Pois este finde, a idea e xuntarse e sair a explorar a montaña, enredar como a min me gusta chamalo. Se nos tes nada mellor que facer e inda non gardaches ou vendiches o equipo de montaña invernal, apúntate.
Data límite para a inscripción
Mércores 21 de xaneiro.
Información útil
- Comezo (lugar, hora…):
- Sábado 31: Torrebarrio 7:00h
- Domingo 1: Torrebarrio 7:00h
- Transporte: Coches propios.
- Material recomendado (Os participantes deben contar co material básico):
- DÍA 1: 1 piolet, crampóns e casco (o clube ten un número limitado deste material que podedes solicitar).
- DÍA 2: 2 piolets, arnés, crampóns, casco, asegurador/descensor (tipo Reverso ou ATC), cinta reunión, cordinos para nós bloqueantes, mosquetóns de seguro, cabo de ancoraxe, parafuxo de xeo, fisureros, friends, cintas, corda de triple homologación.(Todo o material técnico deberá estar homologado e en bo uso).
Material xeral recomendado: botas cramponables ríxidas ou semirríxidas, roupa de abrigo para condicións invernais, luvas, protección solar, mochila de 20-30L, cantimplora ou bolsa tipo camel, barritas ou comida de ataque, frontal.
- Pernocta:
- Refuxio de Torrebarrio.
Liteiras corridas (imprescindible levar saco), conta con zoa onde poder cociñar e hai ducha.
- Refuxio de Torrebarrio.
- Requisitos para participar:
- Día 1: Ter feito algún “coñece a montaña invernal” ou saber progresar e autodeterse en montaña invernal. Estar en boa forma física para progresar sobre neve e con desniveis importantes.
- Día 2: A maiores, saber encordarse e rapelar. ter feito corredores previamente e estar familiarizado coa progresión neste tipo de ámbito. Non é unha actividade guiada polo que cada un ten que ser autónomo.
- Ser socio do clube e estar en posesión de licencia federativa vixente para esta actividade.
Prezo:
- Actividade é gratuíta.
Información Técnica:
DIA 1
Descripción da actividade a realizar
Travesía polo macizo de Ubiña. Plantéase percorrer o macizo ascendendo a pala do Prau e continuar cara aos Fontanes. En función das condicións da neve, descenderase polo Canalón do Buei, ascenderase ata a Forcada do Siete e proguesarase pola senda Merina ata o collado de Cerreos, retornando pola senda do collado Ronzón ata Torrebarrio. Dependendo das condicións é posible que se poida explorar a posibilidade de ascender a Peña Ubiña pola cresta NE.
DIA 2
Descripción da actividade a realizar
O domingo en función das condicións observadas o día anterior poderase afrontar algún corredor. Moitas posibilidades, segundo o nivel dos participantes/cordadas:
Normal ó Siete e cresterío ata horcada de Puerta de Arco.
Info:
https://drive.google.com/file/d/1U-BJEzzFDHQ6HQBgzfY9ZP136DmVdQgv/view

Prezo: A actividade é gratuíta.
Prazas limitadas(Requirirase un mínimo de 5 participantes para que a actividade se leve a cabo)
Máximo 9 participantes ( por orde de inscrición)
A reserva das pernoctas corren por conta dos participantes
Coordinador:
Manuel Veiga, socio e federado do Clube Alpino Ourensán, non é guía titulado, nin se dedica profesionalmente a este ámbito, non cobra polas actividades propostas ou coordinadas xa que non ten unha titulación regulada para poder facelo, pero si presenta unha amplia experiencia como afeccionado no eido da montaña e profesionalmente no campo da docencia. Gosta de adicar certo tempo de lecer a compartir experiencias na montaña cos amigos do CAM baixo a consideración dun guiado benévolo.
Contacto: [email protected]
Sección: Montaña/Escalada.
A inscrición non será válida se no momento de facela non se cumpren os requisitos de soci@ e federad@







