A cova de Melluque é unha pequena pero interesante cavidade que podemos explorar a pé. Para chegar alí faremos un pequeno percorrido pola montaña con vistas panorámicas espectaculares, moi axeitado para familiarizarnos coa progresión mixta en terreos nevados e o uso extensivo de bastóns e raquetas, se as condicións o permiten.…
- O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
- Ata o Mércores 15 de Marzo podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura
Descripción
Trátase dunha actividade mixta de montaña-espeleo que recolle a esencia clásica da espeleoloxía de montaña, na comarca de Babia.
A cova de Melluque é unha pequena pero interesante cavidade que podemos explorar a pé. Para chegar alí faremos un pequeno percorrido pola montaña con vistas panorámicas espectaculares, moi axeitado para familiarizarnos coa progresión mixta en terreos nevados e o uso extensivo de bastóns e raquetas, se as condicións o permiten.
Partindo do porto de Ventana, no límite con Asturias, e con vistas panorámicas dalgúns dos cumes máis significativos da zona de Ubiña, as rutas propostas para sábado e domingo, cun gran ambiente alpino, ofrecen un rico contexto histórico, xeolóxico, e etnográfico cos que decorar a actividade.
- Datos orientativos ida:
- Distancia aproximada: 3-4 kilometros
- Desnivel: 250 metros
Información útil
- Comezo (lugar, hora…): aparcamento de porto Ventana, Sábado 18 ás 11 horas.
- Transporte: Coches compartidos.
- Material recomendado: equipamento persoal para a marcha invernal de neve-mixto (mochila, roupa e protección adecuadas, comida e bebida), bastóns, raquetas de neve, etc.. casco e frontal. O material pódese solicitar no Clube.
- Pernocta: na zona hai unha variedade de aloxamentos (San Emiliano, refuxio de Torrebarrio, etc.) para aqueles que desexen quedarse ata o domingo e continuar as súas excursións pola zona.
Requisitos para participar:
Ser socio/socia do clube e estar en posesión de licencia federativa vixente para esta actividade
Prezo:
A actividade é gratuíta.
Prazas limitadas (Requirirase un mínimo de 5 participantes para que a actividade se leve a cabo)
A inscrición non será válida se no momento de facela non se cumpren os requisitos de soci@ e federad@