Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

VI Marcha pola muller montañeira, espeleóloga…8 de marzo

  • Esta actividade xa finalizou.
Data: 8 Marzo
Categoría:

Actividade proposta polas Meigas Montañeiras Para o domingo 8, as Meigas Montañeiras propóñennos un circular por Hío Data límite para a inscripción Mércores 4 de marzo Información útil Comezo (lugar, hora…): Hora: 10:00 h Lugar: Cruceiro de Hio Transporte: Coches particulares Material recomendado: Calzado lixeiro de montaña, roupa cómoda e de abrigo ,algo para a…

  • O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
  • Ata o Mércores 04 de Marzo podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura

Actividade proposta polas Meigas Montañeiras
Para o domingo 8, as Meigas Montañeiras propóñennos un circular por Hío

Data límite para a inscripción
Mércores 4 de marzo

Información útil
Comezo (lugar, hora…):
Hora: 10:00 h
Lugar: Cruceiro de Hio
Transporte:
Coches particulares
Material recomendado:
Calzado lixeiro de montaña, roupa cómoda e de abrigo ,algo para a choiva, auga e comida para pasar o día.
Requisitos para participar:
Ser socio do clube e estar en posesión de licencia federativa
vixente para esta actividade
Prezo:
A actividade de sendeirismo é gratuíta.
Descripción da ruta
Roteiro circular duns 16 Km que parte de Hío pasando polo monte Facho, Cabo Home, Punta Robaleira e cruzaremos as praias de Melide, Barra e Negra.
Ao finalizar iremos de furancho

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón