Nova edición deste tradicional evento de escalada no Canón do Sil. Este ano a VIII Maratón de Escalada do Canon do Sil, terá un carácter competitivo/lúdico de todos os escaladores no Canón do Sil. Os participantes, deberán de ser autosuficientes e contarán cun mapa e croquis dos sectores. Ademais poderán inscribirse non participantes para a…
Nova edición deste tradicional evento de escalada no Canón do Sil. Este ano a VIII Maratón de Escalada do Canon do Sil, terá un carácter competitivo/lúdico de todos os escaladores no Canón do Sil.
Os participantes, deberán de ser autosuficientes e contarán cun mapa e croquis dos sectores.
Ademais poderán inscribirse non participantes para a camiseta. Este ano por motivos Covid, non haberá pinchos de final de evento.
Ao finalizar, sobre ás 21:45 horas realizarase a entrega de premio e un sorteo de material proporcionado polos patrocinadores, a tenda de montaña Entrepicos (Petzl e Boreal) e Bonilla.
Para esta actividade non é preciso ser socio do club.
Cando Sábado 11 de setembro ás 8:30 horas. Programa
Donde Na escola de escalada do Canón do Sil. Como chegar.
Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).
Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.
O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.
Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón