Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

X Maratón escalada Canón do Sil 9 setembro 2023

  • Esta actividade xa finalizou.
Data: 9 Setembro
Categoría:

9 de setembro de 2023 Escola de escalada do Canón do Sil MARATÓN ESCALADA CANÓN DO SIL: 12 H, 5 PROXECTOS Este ano mudamos o carácter competitivo do evento e propoñémoste que aproveites esta xornada para probar/encadear/coñecer os diferentes sectores do canón do sil e fanatizarte con polo menos unha vía en cada un deles. Aproveitando…


9 de setembro de 2023

Escola de escalada do Canón do Sil

MARATÓN ESCALADA CANÓN DO SIL: 12 H, 5 PROXECTOS

Este ano mudamos o carácter competitivo do evento e propoñémoste que aproveites esta xornada para probar/encadear/coñecer os diferentes sectores do canón do sil e fanatizarte con polo menos unha vía en cada un deles. Aproveitando as sinerxias de tódolos escaladores seguro que logramos unha xornada donde se alcance o número máis elevado de encadenes da historia do Canón. Se lle tes botado unha mirada algunha vía, dende fai tempo ou se non coñecías algún itinerario, este será o día de darlle a morte, aproveitando a motivación de todos os participantes e coñecendo os crux das mesmas.

O Club Alpino Ourensán organiza a segunda fin de semana de setembro o “Maratón de escalada Canón do Sil”, unha concentración-competición de escalada deportiva destinada a promover, por unha banda, a escalada deportiva, e por outra, dar a coñecer a escola de escalada de o Cañón do Sil a todos aqueles que se acheguen a el e fomentando os valores de respecto pola natureza e o medio natural, de acordo co recollido na Rede Natura 2000 de Galicia onde se inclúe o Cañón do Sil e a súa escola de escalada. en ZEC ES1120014.

12 horas continuadas de escalada en corda, en todos os sectores do colexio. Nace co obxectivo de compartir unha xornada de escalada ben como participantes ou como espectadores e convertela nunha festa e encontro do deporte.

Inscríbete: https://www.clubalpinoourensan.es/maraton/inscripcion/

Tallas camisetas

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón