Xornada orientada ao coñecemento do barranquismo no Río Cerves Superior pensada para persoas que queiran probar esta disciplina sen ter experiencia previa.…
Xornada orientada ao coñecemento do barranquismo no Río Cerves Superior pensada para persoas que queiran probar esta disciplina sen ter experiencia previa.
O tramo do Cerves Superior é un dos barrancos mais repetidos de Galicia, debido á principalmente á beleza das súas formacións e a cantidade de recursos que ten para desfrutar dun descenso divertido e sen complicacións. Durante o percorrido podense realizar varios saltos a pozas cristalinas con alturas dende os 2 aos 8 metros. Tamén hai dúas cascadas de 10 e 25 metros e algunha que outra sorpresa.
A actividade será de media xornada, 4 horas en total.
REQUISITOS
- Mínimo 14 anos.
- Saber nadar, non ter pánico ás alturas e poder camiñar por terreo esvaradizo durante 5 horas.
MATERIAL PRECISO
- Bañador e calzado que poida mollarse.
- Toalla
A ACTIVIDADE INCLUE
- Traxe de neopreno, escarpines, casco e arnés
- Guía Oficial de Barranquismo – Técnico Deportivo Nivel 2 de Barranquismo
- Vestuarios con duchas e auga quente
- Fotografías gratuitas
- Seguros de Responsabilidade Civil e Accidentes
PREZO: 35 €/persona
INSCRIPCIÓN: a través de [email protected]