Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Xornadas verticais en Montealegre – 20/21 Maio (cancelada por falta de participantes)

  • Esta actividade xa finalizou.
Comeza: 20 Maio
Finaliza: 21 Maio
Categoría:

Descripción actividade Adicarémonos esta fin de semana a repasar e practicar as habilidades de progresión en terreo accidentado, con e sen material de apoio, na Zona Liliputiense e Porugas, ambas zonas situadas nas inmediacións do vértice xeodésico de Montealegre. A aproximación pódese realizar en vehículo, directamente ata a zona de aparcamento próxima, ou dende a…

  • O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
  • Ata o Mércores 17 de Maio podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura

Descripción actividade

  • Adicarémonos esta fin de semana a repasar e practicar as habilidades de progresión en terreo accidentado, con e sen material de apoio, na Zona Liliputiense e Porugas, ambas zonas situadas nas inmediacións do vértice xeodésico de Montealegre. A aproximación pódese realizar en vehículo, directamente ata a zona de aparcamento próxima, ou dende a propia cidade de Ourense seguindo a habitual “Ruta del Confinamento”.

Data límite para a inscripción

17 de maio

Información útil

  • Comezo (lugar, hora…): sabado 20 pola tarde no Montealegre (Ourense). Día 21 todo o día
  • Transporte: Coches particular, ou a pé dende Ourense pola “Ruta del Confinamiento”.
  • Material recomendado: casco e material persoal de progresión vertical.
  • Pernocta: está o lado de Ourense capital.

Requisitos para participar:

Ser socio/socia do clube e estar en posesión de licencia federativa vixente para esta actividade

Prezo:

A actividade é gratuíta.

Prazas limitadas (Requirirase un mínimo de 5 participantes para que a actividade se leve a cabo)

A inscrición non será válida se no momento de facela non se cumpren os requisitos de soci@ e federad@

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón